12 de abril de 2016
Consulta nos centros cívicos as datas de inscrición para as diferentes actividades.
Para conmemorar o Día do Libro, nos centros cívicos levaranse a cabo diferentes accións como mostras bibliográficas, exposición de paneis informativos, visitas guiadas ás bibliotecas municipais etc.
Dirixidos a nenas e nenos de 4 a 7 anos, realizaranse contacontos a través dos cales poderán vivir fantásticas aventuras acompañados polos personaxes máis famosos dos contos.
Podes consultar na seguinte listaxe a temática dos contacontos e os centros cívicos nos que se realizarán.
Dous irmáns son atrapados nun conto no que vivirán unha chea de aventuras acompañados por gnomos, bruxas e fadas.
Catro intrépidos animais únense para formar un club de lectura no que vivirán e compartirán momentos marabillosos.
Os viláns de todos os contos únense para acabar cos finais felices, pero todos xuntos venceremos e comeremos perdices.
As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente nas conserxerías dos centros cívicos onde se realizarán os contacontos.
Todas as nenas e os nenos que acudan, deberán estar acompañados por unha persoa adulta durante todo o contacontos (duración aproximada 45 minutos).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible