16 de setembro de 2019
Este é un programa gratuíto levado a cabo pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña.
Hoxe comeza a inscrición nos centros cívicos municipais en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h. A adxudicación de prazas farase mediante un sorteo.
As datas de inscrición son do 16 ao 18 de setembro de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas nos centros cívicos municipais.
Este programa ten como obxectivos a prevención da deterioración física, cognitiva e de saúde que vai asociada á idade, co obxecto de lograr un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestándolle unha especial atención ao contexto social e á comunidade, propiciando a comunicación, a participación e o intercambio social.
No programa de Envellecemento activo realízanse accións de:
Nesta convocatoria segue habendo unha liña de talleres dirixidos especificamente a maiores de 75 anos, atendendo ás necesidades e contidos específicos que poden interesar a este grupo de idade, sen prexuízo de que poidan participar nas outras actividades xerais do programa. En concreto realízanse na liña "+75" as seguintes accións:
No arquivo adxunto pódense comprobar as accións do programa, os centros nos que se van levar a cabo e as datas e horarios de realización.
Convocatoria de septiembre del Programa envejecimiento activo 2019 (454 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible