Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2018

Convocatoria específica de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social do Concello da Coruña. Exercicio 2018

Anuncio de dúas resolucións definitivas de concesión de subvencións a entidades de interese social sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social.

Ao final desta noticia, podes consultar as dúas resolucións definitivas da convocatoria específica de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro destinadas a actividades ou proxectos de interese social do Concello da Coruña, publicadas o 05/12/2018 no Taboleiro de Edictos municipal.

As resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poden interpoñer as persoas interesadas recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou estas resolucións. O prazo é dun mes que se conta a partir do día seguinte ao da publicación das resolucións (artigos. 123 e seguintes da Lei 39/15, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas); ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses que se contan a partir do día seguinte ao da publicación destas resolucións (artigos 8 e 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro que estimen pertinente.

Documentos:

Anuncio de convocatoria de entidades de iniciativa social Xustiza Social e Coidados (528 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión