20 de xuño de 2018
As listaxes publicaranse a próxima semana a partir do día 27 de xuño
A próxima semana, a partir do día 27 de xuño, estarán dispoñibles para a súa consulta as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as. Estas listas provisionais publicaranse:
Na listas provisionais detallaranse as familias ás que se lles require documentación, as que teñen a documentación completa e as que teñen a bolsa comedor denegada e o motivo de denegación.
Nos casos de requirimento de documentación, as persoas interesadas teñen un prazo máximo de 10 días hábiles para entregar a documentación requirida e son advertidas de que, no caso de non facelo, entenderase que desisten da súa solicitude de bolsa de comedor para o curso 2018/2019.
No caso de que algunha familia non estea de acordo coa denegación da bolsa comedor, poderá presentar alegacións unha vez que se publiquen as listas predefinitivas.
O momento de presentar alegacións ás listaxes será nun prazo de 10 días hábiles tras a publicación das listaxes predefinitivas. De facelo agora, as alegacións non estarían dentro de prazo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible