Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2019

Lista de admisións e de espera de campamentos tradicionais 2019

Consulta as listas de admisións e espera para os campamentos tradicionais do verán 2019

Nos documentos que se achegan pódense consultar as listas provisionais de admisións e as listas de espera das catro quendas de campamentos tradicionais.

As listaxes de persoas admitidas nos campamentos son provisionais. Serán definitivas no momento en que formalicen a inscrición. (A inscrición será os días 6, 7 e 8 de xuño).

No caso de que queden prazas libres, porque alguén non formalizase a inscrición, as persoas de lista de espera serán avisadas telefonicamente para que se poidan anotar.

A inscrición realizarase nos seguintes días e horarios:

• Días 6, 7 e 8 de xuño

• Horario: 11:00 a 13:30 h

17:00 a 20:00 h

• Lugar: Centro Cívico de Monelos

A inscrición formalízase co aboamento da cota de inscrición de 85 € por participante, nas datas e horario establecidos para a inscrición. De non ser así perderase o dereito á praza.

Ademais deberás traer no momento da inscrición:

- Unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor.

- Unha foto tamaño carné

As persoas que estean en lista de espera serán avisadas telefonicamente no caso de que se lles adxudique a praza.

Documentos relacionados

  • Campamentos tradicionais verán 2019. Quenda 1 (69 KB)
  • Campamentos tradicionais verán 2019. Quenda 2 (71 KB)
  • Campamentos tradicionais verán 2019. Quenda 3 (66 KB)
  • Campamentos tradicionais verán 2019. Quenda 4 (64 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión