Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de marzo de 2018

Listas de admisións e exclusións na actividade Recuncho de xogo

Tamén podes consultar nesta noticia os centros cívicos que contan con prazas vacantes nesta actividade.

Os pais, nais ou titores legais dos e as menores, deberán formalizar a inscrición no centro cívico onde se solicitou a praza os días 20, 21 e 22 de marzo en horario de 11.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.

A inscrición formalízase coa presentación do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público e da autorización correspondente de recollida de menores, debidamente cuberta e asinada. Ambos os documentos facilitaranse no centro cívico os días da inscrición.

Este trámite deberase realizar dentro do prazo e horarios de inscrición e de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

Prazas vacantes

  • Centros cívicos con horario xeral de 10.00 a 13.30 h: San Diego, Eirís, Elviña, Labañou, Novoboandanza e A Silva.
  • Centros cívicos con horario xeral e horario ampliado de 9.00 a 14.30 h: Os Mallos e Monte Alto.

Para formalizar a inscrición nas prazas vacantes, é necesario acudir ao centro correspondente a partir do día 20 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión