Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Cando:

12 de decembro de 2018

Mañá comeza a preinscrición nas actividades socioculturais dos centros cívicos. Convocatoria de xaneiro de 2019

O prazo de preinscrición será os días 13, 14 e 15 de decembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

  • Preinscrición

Prazo: 13, 14 e 15 de decembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

As solicitudes de preinscrición deberán presentarse no centro cívico onde se desexa realizar a actividade e no modelo oficial de solicitude, que se poderá obter en calquera dos centros cívicos municipais ou premendo aquí.

Cada solicitante só poderá presentar un único impreso de solicitude de preinscrición por centro cívico. En cada impreso poderanse solicitar un máximo de tres actividades. No momento da presentación da solicitude de preinscrición a cada impreso asignaráselle un número.

  • Sorteo público

En cada centro cívico municipal, o 15 de decembro ás 20:15 h

A partir do número resultante do sorteo público que se realizará en cada centro cívico, e por rigorosa orde correlativa, elaboraranse as listaxes de admisións nas actividades e as listas de espera.

  • Publicación das listaxes provisionais de admisións e listaxes provisionais de espera

21 de xaneiro de 2019. Ambas as listaxes poderanse consultar nos taboleiros de anuncios dos centros cívicos, nesta páxina web e o Teléfono de Información Cidadá 010.

  • Prazo de inscrición

23, 24 e 25 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

As persoas admitidas retirarán no centro cívico, no período de inscrición, o impreso municipal de pago e deberán aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda, segundo a duración da actividade. O prezo público establécese segundo a Ordenanza fiscal núm. 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

Unha vez aboado na entidade bancaria o prezo público correspondente a cada actividade na que resultasen pre-admitidas, é imprescindible entregar no centro cívico correspondente o resgardo bancario selado pola entidade.

Ambos os trámites (aboamento do prezo público e presentación no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria), deberán realizarse dentro do prazo e horario establecidos para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e procederase a chamar a persoa que corresponda da lista de espera.

Premendo sobre o nome do centro cívico, podes consultar a oferta de actividades socioculturais para a convocatoria de xaneiro de 2019 e ao final da listaxe, os criterios de participación neste programa municipal.

Criterios de participación no programa de actividades socioculturais de prevención e cooperación social dos centros cívicos municipais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?