Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xullo de 2018

Prazas vacantes en campamentos urbanos municipais 2018

Consulta aquí todos os centros cívicos que contan con prazas vacantes para as quendas 3, 4, 5 e 6.

Campamentos urbanos, para nenos e nenas nacidos/as entre o 01/01/2006 e o 31/12/2014

Quedan prazas dispoñibles nos centros cívicos e quendas que se enumeran a continuación.

  • Terceira quenda, de luns a venres, do 16 a 31 de xullo: Castrillón, Elviña, Pescadores, Monelos, Labañou e San Diego
  • Cuarta quenda, de luns a venres, do 1 a 14 de agosto: Elviña, Monelos e Labañou
  • Quinta quenda, de luns a venres, do 16 a 31 de agosto: Elviña, Monelos, Labañou e San Diego
  • Sexta quenda, de luns a venres, do 3 a 7 de setembro: Castrillón, Eirís, Labañou e San Diego

Todos os centros cívicos, coa excepción do centro de Pescadores, contan con prazas vacantes en horario xeral de 10.00 a 14.00 h ou en horario ampliado de 9.00 a 14.30 h.

No centro de Pescadores só se pode solicitar o horario xeral.

O custo por participante e quenda en horario xeral é de 26 € e de 32 € no horario ampliado, excepto na sexta quincena onde o custo é de 15 € no horario normal e 20 € no horario ampliado.

Para formalizar a inscrición é necesario acudir ao centro cívico onde se quere realizar o campamento en horario de 9.00 a 10.00 horas e en Pescadores de 10.00 a 11.00 e preguntar polo coordinador ou coordinadora do campamento.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición.

Documentos:

Triptico-campamentos-urbanos2018.pdf (90 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión