Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Cando:

7 de xullo de 2017

Vacantes en campamentos urbanos e campamentos de día

Consulta aquí os centros cívicos que contarán con prazas vacantes na segunda, terceira e cuarta quincena dos campamentos

Campamentos urbanos, para nenos e nenas nacidos entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013

Quedan prazas dispoñibles nos centros cívicos e quendas que se enumeran a continuación.

  • Segunda quenda, do 17 ao 31 de xullo (de luns a venres), nos centros cívicos da Silva, Elviña, Labañou, Monelos e Monte Alto.
  • Terceira quenda do 1 ao 14 de agosto (de luns a venres), no centro cívico de Elviña.
  • Cuarta quenda do 16 ao 31 de agosto (de luns a venres), nos centros cívicos de Elviña e Labañou.

En todos os centros cívicos nos que quedan prazas vacantes, excepto na Silva, existe a posibilidade de solicitar horario xeral, de 10.00 a 14.00 h, ou o horario ampliado, de 9.00 a 14.30 h. O custo por participante e quenda en horario xeral é de 26 € e de 32 € no horario ampliado.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición

Para formalizar a inscrición é necesario acudir ao centro cívico onde se quere realizar o campamento, en horario de 9.00 a 10.00 horas, e preguntar polo coordinador ou coordinadora do campamento.

Campamentos de día, para nenos e nenas de 4 a 12 anos cumpridos.

Quedan prazas dispoñibles para a terceira quenda (do 1 ao 14 de agosto) e para a cuarta (do 16 ao 31 de agosto).

Os campamentos de día realízanse no colexio Andaina, en horario de actividade de 10.00 a 18.15 h, de luns a venres.

O custo por participante e quenda é de 85 €.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de inscrición.

Para formalizar a inscrición nas prazas vacantes pódense poñer en contacto coa coordinadora do campamento de día chamando ao teléfono 687 716 464.

Subscrición ao boletín de actividades

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?