Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2018

Veredicto do Concurso de viñetas 2018 "Sen adiccións... Un bo plan"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña ditaminou a VIII edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade e a súa implicación no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas.

A temática que se abordou foi, para a categoría 1 (alumnado de 1º e 2º de ESO) "Lecer saudable... un bo plan" e para a categoría 2 (alumnado de 3º e 4º de ESO e FP básica) "Sen alcol e outras adiccións... un bo plan".

O xurado da VIII edición do concurso de viñetas "Sen adiccións... un bo plan", para promoción do lecer saudable na mocidade, reunido o día 5 de decembro ás 9:00 h, procedeu á valoración das viñetas presentadas polo alumnado dos centros escolares da cidade, e ditaminou como premiadas as viñetas deseñadas polas seguintes persoas participantes e os seus centros escolares:

Premio categoría 1: Paula Botana Lozano (2º ESO, IES Monelos)

Premio categoría 2: Uxía Rúa Patiño (3º ESO, IES Puga Ramón)

Así mesmo, ante a calidade, tanto na forma como no contido, de todas as viñetas presentadas, o xurado decidiu premiar cun accésit, en ambas as categorías, as viñetas das seguintes participantes e os seus centros escolares:

Accésit categoría 1: Noelia Lema Blanco (1º ESO, CPR Plurilingüe Franciscanos)

Accésit categoría 2: Antía Pardo López (4º ESO, CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco)

Os premios seranlles entregados ás premiadas e aos seus respectivos centros escolares, o día 17 de decembro ás 12:30 horas no Concello da Coruña pola concelleira de Xusticia Social e Coidados, Silvia Cameán.

As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poden ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Xusticia Social e Coidados.

Esta acción enmárcase dentro do Programa de Lecer Saudable para a mocidade, cofinanciado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión