Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornadas sobre a Renda Básica Universal

As distintas mesas redondas e obradoiros, que analizarán as posibilidades de implantación dunha prestación incondicional á poboación dende distintas perspectivas, estarán abertas á cidadanía e se levarán a cabo no centro cívico dos Mallos e no paraninfo da Universidade

A quen vai dirixido?:

Población en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/03/2019 ata o 23/03/2019

Xa rematou

Inscricións:

Abertas á veciñanza.

Horario:

16:30 a 20:15 o xoves

9:00 a 21:30 o venres

10:30 a 14:00 o sábado no Paraninfo da Universidade

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147, Bajo. 15007 A Coruña

Prezo:

De balde

Organiza:

Concello de A Coruña en colaboración co Colexio de Educadoras Sociais

Documentos:

Díptico informativo (164 KB)

A Coruña acollerá entre os días 21 e 23 de marzo as xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, organizado polo Concello, a través do departamento de Xustiza Social, e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). As distintas mesas de debate e obradoiros que compoñen este ciclo, aberto á veciñanza, levaranse a cabo no centro cívico do Mallos e no Paraninfo da UDC.

Se ben o fío condutor das xornadas é o debate sobre a posibilidade de que o Estado estableza unha Renda Básica Universal como prestación a toda a cidadanía dun país de xeito incondicional, reducindo desto xeito a burocracia existentes para as axudas de índole social, as mesas temáticas abordarán o tema dende distintas perspectivas como a dos feminismos, a sostibilidade ecolóxica, o benestar social, o dereito universal e o emprego. Ao fío, tamén se analizarán as experiencias municipalistas postas en marcha estes anos, como é o caso, da Renda Social Municipal na Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión