Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2018

Xustiza Social reedita o programa Respiro para coidadoras de persoas dependentes, “co fin de facilitar que esta parte da veciñanza consiga tempo para si mesma”

O departamento dirixido por Silvia Cameán porá en marcha, por terceiro ano, esta acción de termalismo urbano, da que o pasado exercicio se beneficiaron unha trintena de mulleres que atenden a usuarias do servizo de axuda a domicilio xestionado polo Concello

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, volverá poñer en marcha este ano o programa de Respiro para as Persoas Coidadoras que busca "atender as necesidades das familias que asumen o coidado de persoas dependentes no fogar". "O que pretendemos é dar un pequeno descanso a esa parte da poboación da Coruña, maioritariamente veciñas, que desenvolven o traballo de coidadoras e que expedimentan unha serie de desaxustes dentro da súa propia vida familiar, ao practicamente esvaecerse o seu dereito a unha conciliación persoal". Desta forma, o departamento municipal ofrece unha serie de actividades vinculadas co ocio que teñen como destino familias coidadoras que utilizan o servizo de axuda a domicilio que xestiona o Concello da Coruña. En concreto, a pretensión do goberno local é "repetir os bos resultados colleitados co programa de respiro de termalismo urbano, que se puxo en marcha xa no ano 2016 e polo que membros das familias coidadoras reciben unha serie de bonos para poder beneficiarse, na data máis acaída, dos servizos de talasoterapia e masaxe que se levan a cabo na Casa da Auga".

Durante o pasado ano, preto dunha trintena de persoas coidadoras de familiares dependentes que xa se benefician do servizo municipal de axuda a domicilio acolléronse a esta acción de respiro, que se levou a cabo durante os meses de outubro e novembro. "No momento en que, de novo, se poña en marcha esta acción, o Concello se porá en contacto mediante unha misiva coas familias coidadoras, indicando a oferta de respiro, así como especificando o lugar onde poderán inscribirse", explicou a concelleira. "Os servizos de respiro proporcionan ás persoas coidadoras tempo para si mesmas, aliviándoas da sobrecarga física e psicolóxica que supón o coidado dunha persoa", comentou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión