Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

1. Identificación do proxecto

  • Núm. de identificación do expediente: TSI-050200-2009-90
  • Título do proxecto: UNIDADE INTEGRAL DE PRESTACIÓNS SOCIAIS - FASE I
  • Solicitante: CONCELLO DA CORUÑA (A Coruña)
  • Participantes: CONCELLO DE ARTEIXO (A Coruña)

Proxecto cofinanciado dentro de Subprograma Avanza Servizos Públicos Dixitais.

Normativa reguladora das axudas

Orde ITC/464/2008, do 20 de febreiro, modificada pola Orde ITC/2382/2008, do 5 de agosto, pola que se regulan as bases, o réxime de axudas e a xestión da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011 (BOE do 26 de febreiro e 11 de agosto de 2008, respectivamente).

Resolución de convocatoria do 16 de febreiro do 2009, así como o establecido nas condicións técnico-económicas da Resolución de Concesión e o exposto nas Instrucións de Xustificacións de Axudas Convocatorias 2009 anualidade 2011 do Subprograma Avanza Servizos Públicos Dixitais.

2. Finalidade do proxecto

2.1. Finalidade básica:

O presente proxecto pretende posibilitar que os concellos participantes poidan constituír nos seus respectivos termos municipais un Sistema de Información para a Xestión dos Servizos e Prestacións Sociais (SIGSPS), instrumento baseado no uso intensivo de TICs para a mellora da atención que dende cada un dos concellos se proporciona ao colectivo de usuarios deste tipo de servizos. Está orientado a lograr a xestión coordinada e integral dos diferentes servizos e prestacións en materia de servizos sociais. A meta última deste sistema de información foi modernizar e mellorar a xestión e atención dos servizos sociais no ámbito local, aplicando as TICs para:

  1. Promover a autonomía persoal e a atención social directa.
  2. Xestionar de maneira óptima e eficiente a relación cos usuarios: CRM social.
  3. Achegar unha visión global e integral da atención: expediente social único.
  4. Xerar indicadores de avaliación das prestacións dos servizos.
  5. Permitir o control económico dos servizos prestados.

2.2. Obxectivo principal e bloques funcionais:

Máis concretamente, o obxectivo da Fase I do proxecto para o cal se solicitou subvención foi a implantación dun Sistema de Información para a Xestión dos Servizos e Prestacións Sociais (SIGSPS) nos concellos da Coruña e Arteixo que permitise, por unha banda, publicitar e difundir os labores de asistencia que veñen prestando e, por outro, xestionar, tramitar e centralizar os expedientes sociais dos usuarios, agora tratados de maneira dispersa e non automatizada. O proxecto fundaméntase en dous grandes bloques funcionais:

  1. Xestión global dos servizos sociais municipais, dende o tratamento do concepto de expediente social único ata a trazabilidade dos servizos e prestacións sociais, pasando polo intercambio de información coas entidades colaboradoras e outras administracións públicas, fundamentalmente a administración autonómica, ou polo control económico e o seguimento da calidade dos servizos.
  2. Implantación de mecanismos para a xestión óptima e eficiente da relación coa parte usuaria do sistema social, posibilitando o intercambio de información bidireccional a través de canles tradicionais (atención presencial, teléfono) e de canles TICs (internet, teléfono móbil).

2.3. Módulos principais do sistema de información SIGSPS:

Neste marco articúlase un sistema que orbita arredor de catro grandes módulos:

  1. Relación con usuarios e entidades colaboradoras: capa de servizos destinados tanto a usuarios como a profesionais e entidades colaboradoras que materializan, a través de diferentes canles, as funcionalidades previstas polo sistema de información.
  2. Xestión do servizo: módulo nuclear do sistema cuxo propósito é proporcionar as ferramentas para a xestión dos servizos e prestacións sociais arredor do concepto de expediente social único, que agrega toda a información asociada a cada un dos usuarios de prestacións e servizos (a nivel de unidade familiar e individual).
  3. Xestión dos recursos: a prestación de servizos sociais articúlase arredor dun conxunto de recursos de diferente índole que posibilitan a atención social aos usuarios e cuxa información asociada é necesario xestionar. Son estes recursos, tanto persoais como materiais: as/os empregados municipais, as entidades colaboradoras, os centros e as oficinas de atención social de diferente tipoloxía existentes e a carteira de servizos prestada.
  4. Reporting e avaliación: Módulo orientado á extracción de información analítica que permite avaliar, fundamentalmente, aspectos de calidade e custo dos servizos.

Ficheiros descargables (CITA)

Inicio / 

TipoNomeTamaño
 Engyne.war80,88 Mb
 InstruccionesDespliegueAplicacion.pdf218,34 Kb
 ScriptsBBDD.zip243,48 Kb
 Socyal.war93,43 Mb

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?