Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Axudas económicas a familias para comedores escolares 2018/2019 (Bolsa comedor)

O obxecto desta convocatoria é a regulación da bolsa de comedor escolar para o curso escolar 2018/2019 destinadas a familias do Concello da Coruña, empadroadas no Concello da Coruña e que teñan nenos e nenas a cargo escolarizados en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos na presente convocatoria.

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino do termo municipal da Coruña sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na presente convocatoria.

Organizador:

Concellería de Xustiza Social e Coidados. Programa municipal traballo con familias.

Bases completas Bolsa comedor curso 2018/2019

REQUISITOS

Para acceder á bolsa, deberanse reunir os seguintes requisitos:

a) Todas as persoas compoñentes da unidade familiar deberán estar empadroadas, residir de forma efectiva e convivir no mesmo domicilio do Concello da Coruña cos menores de idade para os que se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal da prestación, este requisito deberá manterse durante todo o curso escolar, sen prexuízo de que ante situacións excepcionais, que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, poida excepcionarse este requisito.

b) Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal ou ter concedido o acollemento familiar do menor ou menores para os que soliciten a bolsa (base 2 no documento adxunto).

c) Matrícula efectiva dos e das menores (ou praza solicitada) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

d) Os ingresos máximos per cápita da unidade familiar non superarán os 6.000,00 € anuais, de conformidade co baremo establecido na base 8.

e) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa, en caso de ter sido beneficiario/a da bolsa o curso anterior.

Os requisitos deben cumprirse na data de presentación de solicitudes e serán valorados segundo indique a documentación achegada nesa data, fóra das situacións recollidas na base 12.

DOCUMENTACIÓN

A documentación para presentar variará en función das dúas modalidades de solicitude:

Documentación de nova solicitude, se a familia solicita a bolsa por primeira vez.

a) Impreso de "Solicitude" municipal da bolsa de comedor completamente cuberto, no que se especificará, ademais dos datos persoais e de contacto da persoa solicitante, o nome dos/as menores para os que se solicita a bolsa e o seu centro escolar.

b) Entenderase que a solicitude leva implícita a autorización para a consulta interadministrativa da documentación requirida, salvo que se denegue especificamente.

c) Declaración responsable asinada con compromiso de cumprimento de obrigas e de residencia efectiva no termo municipal da Coruña cos/as menores para os que se solicita a prestación de comedor escolar (ANEXO 1.2).

d) Informe de vida laboral, completo e actualizado, expedido pola Tesourería da Seguridade Social ou organismo que corresponda no caso de persoal funcionario.

e) Xustificantes da situación económica:

e.1)Traballadores/as en activo:

- Traballadores/as por conta allea e/ou persoas físicas a quen un terceiro practicase unha retención a conta do imposto durante o exercicio 2017: certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2017 (rendementos correspondentes ao exercicio menos os gastos fiscalmente deducibles). Modelo 190.

- Empresarios e/ou traballadores/as autónomos: acreditación da presentación do modelo 130 e/ou 131 de IRPF e xustificación do pago fraccionado realizado, correspondente ao exercicio 2017.

e.2) Outros supostos:

- Quen unicamente dispoña de PASAPORTE ou DNI dalgún estado membro da UE, como documento de identificación, debe achegar toda a documentación que se relaciona, xa que o Concello da Coruña non dispón de permisos para a consulta interadministrativa para este tipo de documentos.

- No caso de que o/a solicitante non autorice a consulta interadministrativa, deberá achegar a documentación xustificativa: Pensionistas: xustificante da pensión mensual (no caso de pensionistas), certificado do SEPE/INEM dos últimos tres meses con indicación da contía mensual que corresponda e período recoñecido (se é demandante de emprego con prestación), certificado do SEPE/INEM de non percibir axuda (demandantes de emprego sen prestación)

e.3) Outras prestacións: certificados emitidos polas administracións correspondentes (Xunta, Seguridade Social etc.) relativos a calquera outra prestación: pensións non contributivas, salario da liberdade etc.

e.4) Perceptores/as de RISGA ou de Renda Social Municipal: Non teñen que presentar xustificantes de ingresos.

e.5) Xustificantes do pago de alugueiro/hipoteca, no caso de querer acceder aos beneficios indicados na base 8.

f) Situación familiar dos pais ou titores

f.1) En caso de separación ou divorcio: copias da sentenza e/ou do convenio regulador actualizados, que especifique a contía da pensión de alimentos.

f.2) En caso de unións de feito separadas con fillos recoñecidos no libro de familia ou documento de análogo carácter: copia da sentenza de asignación de garda e custodia, e contía da pensión de alimentos. Se non se achegan os devanditos documentos entenderase que non existe separación de feito, polo que ambos os proxenitores deberán presentar todos os documentos laborais e económicos esixidos a cada membro da unidade familiar.

f.3) En situacións de falta de pagamento nos dous casos anteriores, presentarase a copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o Xulgado ou xustificante de inicio das actuacións. De non presentar a dita documentación considerarase que a contía por pensións compensatorias ou de alimentos establecida inicialmente estase percibindo, computando esas cantidades como ingresos efectivos.

f.4) No caso de menores en situación de garda e custodia compartida: xustificantes de ingresos de ambos os proxenitores, que serán valorados segundo o tipo de custodia: quincenal, semestral, anual.

f.5) En caso de acollemento familiar dos/as menores: copia da resolución, auto xudicial e/ou contrato de acollemento con indicación da contía establecida, de ser o caso, ou do inicio das devanditas actuacións.

g) Certificados de discapacidade, cun mínimo certificado do 33%, dos membros da unidade familiar de convivencia emitido polo organismo competente (Xunta de Galicia) ou equivalente, no caso de ser emitido por outra comunidade autónoma distinta a Galicia.

h) Certificado da Seguridade Social de pensión por incapacidade permanente/total/absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo (equivale a discapacidade igual ao 33%).

i) En casos de intolerancias alimentarias, informe médico actual no que se especifique o núm. de colexiado e o tipo de intolerancia e a dieta que se precise.

j) En caso de existencia de malos tratos na unidade familiar de convivencia que tivesen lugar nos últimos 3 anos que se contarán desde a publicación desta convocatoria: acreditación da situación de violencia de xénero, segundo recolle o art. 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007, do 27 de xullo).

k) En caso de ter Educación Combinada, certificado da Consellería de Educación, no que especifique este tipo de educación e centros educativos nos que se vai cursar.

l) En caso de incompatibilidade horaria por motivos laborais ou formativos: certificación da empresa contratante ou do centro de formación no que constará o horario laboral/formativo de duración estable e non puntual. Se hai dous proxenitores ou convivientes, a incompatibilidade debe acreditarse para ambos. Estes documentos serán necesarios se se quere acceder aos beneficios indicados na Base 8.

m) Outras situacións: serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.

Documentacion para a renovación, se a familia xa foi beneficiaria desta bolsa comedor durante o curso 2017-2018.

a) Declaración responsable, de acordo co modelo que figura como ANEXO 1.1 nas bases, na que deberán figurar os datos identificativos de ambos os proxenitores/titores e na que se sinalará se existen ou non cambios nas circunstancias de padrón, económicas, laborais, sociais e de saúde con respecto á solicitude de bolsa do curso anterior. Se se declarase que existen cambios, deberá presentarse documentación acreditativa das novas circunstancias declaradas, de acordo coa documentacion detallada no apartado anterior.

CANLES DE SOLICITUDE

  • De forma presencial nos Rexistros Municipais o Rexistro Xeral do Concello.
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1 C.P. 15001, A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1 C.P. 15006, A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17 C.P. 15010, A Coruña
    • Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa Ancares, 15. 15190, A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
  • A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?