Prestación que atenda a persoas que se encontran na rúa por non ter un lugar onde pasar a noite e e non teñen medios para satisfacer as súas necesidades básicas.
Ofrecerase información e/ou a xestión dos recursos municipais e das entidades sociais locais que estean dispoñibles para dar resposta ás necesidades detectadas. A atención prestada intentará ofrecer alternativas inmediatas e poñer en marcha procesos de intervención para mellorar as súas condicións de vida.
Maiores de idade localizados no termo municipal, que carezan de aloxamento onde pasar a noite e de medios para satisfacer as súas necesidades básicas.
Solicitar a atención deste servizo.
Todos os días laborables durante todo o ano.
Accións desenvolvidas por esta prestación:
- Atención á persoa: non é necesaria cita previa.
Centro Cívico de Monte Alto.
Luns a venres de mañá de 8.30 a 14.30/ Luns a xoves de 16.30 a 18.30 h.
- Recepción de información: recollerase por vía telefónica ou electrónica a remitida por calquera persoa que teña coñecemento sobre algunha situación ou localización.
- Atención no lugar de localización: cando as situacións así o requiran.
Entidades
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible