Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Programas

Resultados: 24

  • Programa de atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornados

    Contribúe á regularización e integración sociolaboral e educativa da poboación migrante a través dunha atención en diferentes ámbitos (xurídico, social, laboral e educativo).

    Así mesmo, promove a cooperación con entidades e institucións que traballan neste ámbito e actuacións de sensibilización cidadá que fomentan unha integración intercultural bidireccional coa sociedade de acollida.

  • Programa de atención a urxencias sociais

    Con ese programa compleméntase as actuacións e intervencións dos servizos sociais.

    Trata de atender a persoas en situación de especial vulnerabilidade e asegurar a resposta ás emerxencias non médicas de forma coordinada con outros servizos existentes nesta cidade.

    Serán actuacións inmediatas a persoas que de forma imprevista se encontren en situación de urxencia social, cando os servizos sociais municipais e outros dispositivos públicos ou privados non estean operativos.

  • Programa de atención integral para mulleres vítimas de violencia de xénero

    Este programa ofrécelles ás mulleres (se é o caso aos seus fillos e fillas) vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de sexo unha intervención integral a través dun recurso de carácter residencial e temporal.

  • Programa de comedores sociais

     

     

  • Programa de desenvolvemento, promoción e integración das persoas de etnia xitana

    Programa de intervención para a realización de accións de prevención e inserción social da poboación de etnia xitana do municipio da Coruña, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e cuxas actuacións se enmarcan dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".

  • Programa de erradicación do chabolismo e infravivenda

    Intervención para facilitar a inclusión social das familias que viven nun asentamento chabolista a través do realoxamento en vivendas normalizadas.

  • Programa de fomento da colaboración e solidariedade social

    Este programa pretende contribuír desde o Concello da Coruña, mediante o apoio a asociacións, entidades e organizacións non gobernamentais (ONG), ao desenvolvemento de iniciativas solidarias e de cooperación na propia cidade (con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos e con maiores necesidades sociais e ás persoas con discapacidade), e nos países en vías de desenvolvemento, tanto a través de subvencións nominativas como de concorrencia competitiva, dando un enfoque global e integral á área de servizos sociais.

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?