Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bono-taxi

En que consiste?:

O obxecto desta prestación é conceder axudas económicas individuais a persoas con discapacidade, que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.

Requisitos

- Ser maior de 3 anos.

- Residir no Concello da Coruña e constar empadroada/ou desde, polo menos, 6 meses anteriores á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes. O Concello poderá esixir a acreditación documental deste extremo mediante a presentación de recibos de consumo periódico que acrediten o uso habitual da vivenda.

- Ter recoñecida legalmente a condición de discapacitado/a polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.

- No caso de que a persoa solicitante esté en activo, non recoñecer este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo.

- Non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.

- Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo. No caso das persoas menores de idade non emancipadas, esta obriga entenderase referida a quen ostente a tutela legal.

- Non dispoñer duns ingresos superiores ao 210% do IPREM vixente.

- Estar ao corrente das obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

A quen vai dirixido?:

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias quen teña unha discapacidade, recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente e que estean gravemente afectadas na súa mobilidade, impedíndolles utilizar os transportes públicos colectivos, sempre que requiran deste medio para o seu desprazamento ao exterior.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Normalmente a finais de ano, principios do seguinte.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

As solicitudes e documentación correspondente presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera dos medios establecidos na vixente Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentación

  1. Solicitude debidamente cumprimentada no modelo específico. Deberá incluír obrigatoriamente os seguintes datos:
  • Nome e apelidos da solicitante e/ou persoa que exerza a representación.
  • Enderezo completo e actualizado a efectos de notificacións.
  • Número de teléfono móbil (obrigatorio).

2. Fotocopia do DNI de quen solicita e dos demais membros da unidade familiar.

A solicitude poderá acompañarse de autorización asinada a favor do Concello da Coruña para realizar as seguintes comprobacións:

  1. Existencia de certificado de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración equivalente no que conste que esta afectado gravemente á mobilidade e impida a utilización do transporte público colectivo.
  2. Realizar as comprobacións oportunas dos certificados de pensións positivo ou negativo (expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións, nóminas, así como a declaración da renda ou certificado negativo expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AET) do último exercicio económico, tanto da persoa solicitante como dos restantes membros computables para os efectos do cálculo da capacidade económica.
  3. Comprobación de que a persoa solicitante (ou de quen ostente a tutela legal) non consta na Dirección Xeral de Tráfico como titular de ningún vehículo
  4. Non ter a persoa solicitante débedas pendentes de pagamento coa Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
  5. Obtención do certificado de empadroamento.
  6. Obtención da documentación acreditativa de ser beneficiario ou non do servizo galego de apoio á mobilidade 065.

En caso de non autorizar as comprobacións oportunas, a persoa interesada deberá presentar os documentos correspondentes que xustifiquen as situacións non autorizadas, ou adherirse ao establecido na base 9.2.

Internet

Teléfono

Máis información:

Sobre o procedemento administrativo correspondente a esta convocatoria, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es e na Concellaría de Benestar social, Igualdade e Participación, na Rúa Fernández Latorre nº 64-66. Entreplanta, CP 15006, A Coruña de forma presencial ou telefonicamente no teléfono 981 184 200.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión