Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes

En que consiste?:

A solicitude inclúe:

  • A declaración de voluntariedade de retorno.
  • Datos da entidade que presenta a solicitude.
  • Enderezo da persoa interesada en España e no país de retorno.
  • Información sobre o nivel educativo e laboral así como oportunidades de formación e emprego no país de orixe.
  • Datos de identidade, situación administrativa e formación das persoas dependentes que retornarán co solicitante.

A quen vai dirixido?:

Persoas destinatarias:

O Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o desexo de volver ao seu país de orixe ao encontrarse nunha situación de precariedade ou en risco de exclusión social.

Requisitos necesarios:

  • Encontrarse en situación de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias.
  • Acreditar unha permanencia en España non inferior a 6 meses.
  • Informe social dos servizos sociais do Concello en que resida.
  • Declaración de voluntariedade da persoa interesada.

Organismo responsable:

Otros

Prazo de presentación:

Todo o ano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Fotocopia do pasaporte (se a solicitude é para unha unidade familiar deberán incluírse as fotocopias dos pasaportes de todos os membros da unidade familiar. Se hai menores nados en España hai que incluír fotocopia do libro de familia e partida de nacemento).
  • Informe social dos Centros de Servizos Sociais do concello no que estea empadroado.
  • Fotocopia do permiso de traballo e residencia, se dispón del.
  • Fotocopia da tarxeta comunitaria, se é aplicable.

Internet

Teléfono

Máis información:

O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:

  • Información e asesoramento á persoa interesada.
  • Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, dende o lugar do seu domicilio en España, contemplando o pago da estancia, manutención e todas aquelas circunstancias excepcionais que puidesen presentarse no tránsito.
  • Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados.
  • Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar.
  • Axuda económica para a reinserción no país de orixe.

Documentos relacionados

  • Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión