Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

Solicitude de convenios nominativos con entidades para o desenvolvemento do Plan municipal para persoas con discapacidade

En que consiste?:

Os convenios nominativos do Plan Municipal de Discapacidade financian a promoción toda clase de actividades e a prestación de cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e mellorar as condicións do colectivo de discapacitados, e promover a sensibilización social e mellorar a autonomía persoal das persoas con discapacidade.

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas, as xurídicas validamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

  • Estar incluído no Anexo de Transferencias dos Orzamentos Xerais do Concello, que a entrega se realice sen contraprestación directa das persoas beneficiarias, que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á realización dunha actividade, debendo a persoa beneficiaria cumprir as obrigas materiais e formais que se establecesen e que o proxecto financiado teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade publicatoria.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello no 1º trimestre do ano natural.

Presencial

Que se necesita?:

  • Memoria explicativa da actividade.
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade.
  • Certificado do secretario da entidade co visto e prace do seu presidente, no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
  • Estatutos polos que se rexe a entidade, fotocopia compulsada do Código de Identificación Fiscal (CIF), en caso de persoas xurídicas, ou do Número de Identificación Fiscal (NIF) en caso de persoas físicas, certificación dos datos bancarios da entidade solicitante e fotocopia compulsada do DNI ou NIF do representante.
  • Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
  • Certificados acreditativos de estar a persoa interesada ao corrente no pago das súas obrigas tributarias co Estado e o Concello da Coruña, e ao corrente nas súas obrigas fronte á Seguridade Social.
  • Declaración de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para a obtención da condición de beneficiario que fixa o artigo 13 da LGS 38/2003, así como do compromiso de participación nun acto de presentación dos proxectos subvencionados no caso de que fose requirido para iso pola concellería.
  • No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderase acoller ao establecido no parágrafo f) do art. 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan.
  • Certificación do secretario co v. e pr. do presidente acreditativa do nomeamento do representante da entidade. Documento relativo ao representante legal da entidade.
  • Documento acreditativo do compromiso da entidade de presentar a xustificación das subvencións concedidas no prazo dun mes dende a data de finalización das actividades.

Como se fai?:

As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello no 1º trimestre do ano natural.

Tamén se poderán presentar por calquera dos medios regulados no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Impresos necesarios:

  • Solicitude.
  • Memoria explicativa da actividade (anexo 1).
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (anexo 2).
  • Certificado do secretario da entidade co visto e prace do seu presidente, no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional (anexo 3).
  • Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (anexo 4).
  • Declaración de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para a obtención da condición de beneficiario que fixa o artigo 13 da LGS 38/2003, así como do compromiso de participación nun acto de presentación dos proxectos subvencionados no caso de que fose requirido para iso pola concellería (anexo 6).
  • No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderase acoller ao establecido no parágrafo f) do art. 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan (anexo 5).
  • Certificación do secretario co v. e pr. do presidente acreditativa do nomeamento da persoa representante da entidade. Documento relativo ao representante legal da entidade (anexo-datos).
  • Documento acreditativo do compromiso da entidade de presentar a xustificación das subvencións concedidas no prazo dun mes dende a data de finalización das actividades (anexo 7).

Internet

Teléfono

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?