Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
251 resultados
Ata o 29/04/2024
Convocatoria, polo procedemento de oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego que permita o nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño das funcións de auxiliar de biblioteca, grupo C, subgrupo C2.
07/06/2024
A Praza da Tolerancia acolle a I edición do festival "Aquí tamén se fala", unha iniciativa promovida dende o IES Rafael Dieste que contará con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.
Dende o 22/04/2024 ata o 15/05/2024
Ata o 22/04/2024
ás 11:00h.
Aula UNED Ferrol organiza este curso onde se explicará todos os trucos e consellos que resultan determinantes para poder alcanzar a praza na función pública. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Ata o 08/05/2024
Convocatoria para a selección de persoal laboral fixo descontinuo, a través do sistema de acceso libre polo procedemento de oposición, para a cobertura de seis prazas da categoría de auxiliar de policía local.
Ata o 20/05/2024
Proceso selectivo para cubrir 158 prazas do Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado polo sistema de acceso libre e oposición.
Ata o 31/05/2024
O Concello de Rincón de la Victoria (Málaga) convoca o VII Certame de Relatos Curtos en homenaxe a Gloria Fortes.
Ata o 20/05/2024
Proceso selectivo para cubrir 54 prazas do Corpo de IngenierosTécnicos en Topografía polo sistema xeral de acceso libre e oposición.
Ata o 15/06/2024
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil"convocan o XVII Concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas" co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén, co tema "Libre", espallar a arte da fotografía.
Ata o 20/05/2024
Proceso selectivo para cubrir 4 prazas do Corpo de Astrónomos polo sistema xeral de acceso libre e oposición. Distribución por áreas temáticas: Radioastronomía (1 praza) e Instrumentación e técnicas radioastronómicas (3 prazas).
Ata o 08/07/2024
O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado.
resultados 251
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible