Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2016

A Concellería de Medio Ambiente salienta o compromiso da cidadanía e do colectivo Mulleres Colleiteiras coa adecuada xestión dos aceites de cociña usados, dos que se recolleron máis de 3.000 quilos en dous meses

A concelleira de Medio Ambiente, María García, coas integrantes de Mulleres Colleiteiras

A concelleira de Medio Ambiente, María García, coas integrantes de Mulleres Colleiteiras

María García destacou a “boa acollida entre a veciñanza dos contedores específicos, que se sitúan no entorno dos centros cívicos e mercados e que se puxeron en funcionamento do mes de xullo”

A concelleira de Medio Ambiente, María García, salientou o compromiso da cidadanía da Coruña coa recollida e adecuada xestión dos aceites de cociña usados, do que dá mostra os 3.099,6 quilos recollidos --en envases-- polo colectivo Mulleres Colleiteiras --en base a un convenio co Concello-- nos meses de xullo e agosto. "Aínda resta moito por facer, pero cremos que o volume de residuos recollidos nestes dous últimos meses, tras o proceso de colocación de 20 contedores habilitados especialmente para esta tarefa, é máis que destacable", comentou a responsable municipal.

As novas infraestruturas foron colocadas ao longo do mes de xullo no entorno dos centros cívicos e mercados da cidade, co obxectivo de facilitar á veciñanza o seu uso. Ademais, durante o verán, Mulleres Colleiteiras levaron a cabo unha serie de charlas informativas, e repartiron dípticos e funís, de cara a informar á poboación dos beneficios de xestionar de forma adecuada estes residuos de cociña e non tiralos aos sumidoiros. "O Concello deu resposta a unha demanda recorrente da cidadanía, que levaba tempo solicitando poder colaborar e ter un lugar específico e accesible no que poder deixar o aceite usado. Con esta iniciativa, todos e todas contribuímos co medio ambiente, xa que nos aseguramos que ese aceite non crea problemas nin nos nosos cauces fluviais, nin no noso mar nin na nosa depuradora e que, ademais, podemos recuperalo para facer un combustible novo", comentou a concelleira García.  "Todos os anos retíranse máis de 800 toneladas de aceites, graxas e outros flotantes na auga. Unha xestión correcta non só fai que a Edar de Bens deixe de ter un importante traballo engadido, que xera ademais un importante sobrecusto, senón que tamén fomenta actividade económica, xa que se estima que cada litro de aceite usado pódese transformr en 0,95 de biodiésel", indicou.

Ademais, a edil puxo en valor a importancia das campañas de difusión postas en marcha polo Concello e tamén, de forma específica, polo colectivo Mulleres Colleiteiras. "De xulio para agosto, os quilos recollidos duplicáronse", comentou. Os puntos de recollida nos que se acumularon estes 3.099 quilos de envases con aceites usados localízanse no mercado de San Agustín, o centro cívico da Cidade Vella, mercado de Monte Alto, mercado de Adormideiras, cc. de Monte Alto, cc. de San Diego, cc. Sagrada Familia, cc. Os Mallos, mercado de Elviña, cc. Elviña, cc. Castrillón, cc. Eirís, cc. San Pedro de Visma, Labañou, Feáns, Pescadores, Os Rosais, Mesoiro e no Mercado das Conchiñas (onde se rexistrou o volume máis alto de recollida no mes de agosto, con 221,5 quilos).

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?