Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 02/05/2024 ata o 30/05/2024
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de maio na aula CeMIT Eirís.
Ata o 20/05/2024
Axudas para a participación nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Ata o 20/05/2024
300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.
Dende o 24/04/2024 ata o 26/04/2024
A Consellería de Educación organiza FP Innova Galicia 2024, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.
24/04/2024
Match de Impro, no Café Tío Ovidio, onde dúas parellas compiten cada noite por ser a mellor.
27/04/2024
A Editorial Menino Morreu celebra o seu 2º aniversario no Centro Social Gomes Gaioso, coa presentación de dous libros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible