Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EMM

Escola

A Escola Municipal de Música da Coruña inaugurouse o 22 de novembro de 1998. A súa finalidade foi a de achegar todo tipo de música á cidadanía do municipio e dos seus arredores.

Cada anos estudan na Escola máis de setecentos alumnos maiores de 4 anos con diferentes intereses, gustos musicais e capacidades, aínda que coas mesmas ganas de aprender música á vez que se divirten.

No mes de xullo do ano 2000 realizouse o primeiro Seminario de Jazz Cidade da Coruña organizado polo centro co obxectivo de crear un espazo de encontro de destacados profesionais nacionais e estranxeiros con afeccionados e músicos locais.

A partir do ano 2001 comezáronse a ofrecer concertos fóra da Escola, mostrándolle ao público o aprendido nas aulas polos alumnos e dándolles a oportunidade de tocar en directo. A Escola Municipal de Música levounos a tocar a un gran número de centros, teatros e auditorios da Coruña e de Galicia. Pero as súas ganas de ensinar a súa música non se acaban aí, xa que foron tocar a escenarios de diversas cidades de España e do estranxeiro como Portugal e Inglaterra. En total presentaron arredor de seiscentos concertos de música moderna, clásica e tradicional.

Ademais destas actuacións, a Escola anima e impulsa o seu alumnado a participar en certames e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música. Algúns exemplos poden ser a participación dos alumnos de Música Tradicional no Concurso de Música Tradicional Xiradela ou a da Jazz Ensemble na Mostra Musical Eixo Atlántico.

A Escola proponse catro obxectivos básicos:

  • Conseguir a máxima participación cidadá no maior número posible de estilos musicais.
  • Achegar a música a todos os sectores sociais.
  • Prestar o soporte e a guía necesaria para a aprendizaxe e a valoración crítica da música.
  • Seguir o lema da Unión Europea de Escolas de Música “Música para todos”.

É un centro de ensinos non regrados que, polo tanto, dispón de autonomía para deseñar a súa organización educativa e administrativa, tendo presentes as condicións socioeconómicas e culturais da súa contorna.

A súa normativa básica de aplicación é a orde do 11 de marzo de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para Escolas de Música e Danza da comunidade autónoma.

O centro está na rúa da Torre, número 67. O edificio, que pertencía anteriormente ao CEIP Curros Enríquez, foi profundamente remodelado interiormente para adaptalo ás necesidades dunha Escola de Música e para insonorizalo e acondicionar adecuadamente as aulas.

As aulas, ademais dun lugar para dar clase, tamén serven de locais de ensaio para o alumnado cando non están a ser usadas.

Posteriormente fóronse incorporando numerosas melloras por medio de sucesivos plans de equipamento. A última delas efectuouse no ano 2004, ampliando o edificio e incorporando cinco modernos laboratorios musicais.

A Escola Municipal de Música consta de:

  • 1 aula-laboratorio de 50 metros cadrados
  • 4 aulas-laboratorio de 31 metros cadrados
  • 5 aulas de 60 metros cadrados
  • 3 aulas de 30 metros cadrados
  • 3 cabinas de 24 metros cadrados
  • 4 cabinas de 15 metros cadrados
  • Aula Magna: de 126 metros cadrados
  • 1 sala de profesores
  • 4 despachos
  • Conserxería
  • Bloques de servizos e almacén en cada planta

O persoal do centro está formado por 27 persoas distribuídas entre o equipo directivo, profesorado e persoal non docente.

Equipo directivo

  • Director: José Antonio Acuña Fernández.
  • Xefa de Estudos: Elena Umbría.

Profesorado

  • Acordeón: Galina Botnar.
  • Batería: José Miguel Cabana Pérez.
  • Canto lírico: Pablo Carballido del Camino.
  • Canto moderno: Yelene Acosta González.
  • Clarinete: María Rodríguez Martínez.
  • Frauta: Alicia Valle Basanta.
  • Gaita e percusión tradicional: Eduardo Méndez Baamonde.
  • Guitarra clásica: Daniel Añón Fernández.
  • Guitarra eléctrica: Eladio Carnota Méndez.
  • Música e movemento: Inés Trigo Brandariz, Mª Jesús Lubián Dubra e Matilde González Teijeiro.
  • Percusión: José Antonio González Guevara.
  • Pianista acompañante: Alexis Díez González.
  • Piano clásico: Pablo C. López-Cortón Facal e Elena Umbría.
  • Piano moderno e jazz: José María Vázquez Gómez.
  • Saxofón: José Méndez Garrido
  • Trompeta e trombón: Rubén Salvador Jiménez.
  • Violín e viola: Marcos Balado Seoane.
  • Violonchelo, contrabaixo e baixo eléctrico: Francisco Cruz Sendón.
  • Curso avanzado de jazz: José Antonio Acuña (baixo, piano, guitarra, saxo, clarinete e batería).

Persoal non docente

  • Técnica de son e deseño: Carla Pariente Peñamaría.
  • Administrativa: Raquel García Orro.
  • Conserxes: Manuel Marán Sánchez e José Manuel López Boga.
  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?