Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aviso legal

Titularidade do sitio web

En cumprimento da Lei de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio:
http://www.coruna.es
Titular:
Excmo. Concello da Coruña.
Domicilio social:
Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña. España.
Teléfono:
+34) 981 184 200
Enderezo de correo electrónico
webmaster@coruna.es
CIF:
P-1503000J

Condicións xerais de utilización

Condicións e limitacións de uso:

  • O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a eles, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación.
  • A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web.
  • O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
  • Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.

Limitacións de responsabilidade:

  • A reponsabilidade da utilización da información contida na páxina web é da persoa suaria.

Dispoñibilidade dos servizos

O CONCELLO DA CORUÑA non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito para modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as condicións xerais de acceso.

En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DA CORUÑA ten o dereito para suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio web.

Contidos non xestionados directamente por este sitio web

O CONCELLO DA CORUÑA rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos dos enlaces publicados na súa páxina web.

A páxina corporativa ofrece enlaces a outros web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que o CONCELLO DA CORUÑA trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente neles.

O CONCELLO DA CORUÑA non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios web non xestionados por esta administración e que resulten accesibles a través do Portal de Emprego do CONCELLO DA CORUÑA. Con todo, esta administración encádrase dentro do apartado a) do artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da Sociedade da Información e comercio electrónico (LSSICE), xa que esta administración respecto de enlaces facilitados na web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.

O CONCELLO DA CORUÑA queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web.

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo CONCELLO DA CORUÑA.

Exención de responsabilidade sobre o uso indebido de métodos de autenticación

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable do uso indebido do login e password ou calquera outro método de autenticación utilizado -certificado dixital, etc- dos usuarios para o acceso aos contidos e servizos que os requiran e que se ofrezan na páxina web, nin das consecuencias de calquera natureza derivadas do mal uso por parte dos usuarios, a perda ou esquecemento do login e password ou calquera outro metodo de autenticación, nin do seu uso indebido por terceiros non autorizados.

Dereitos de autor

O Concello da Coruña non é propietario dos dereitos morais nin patrimoniais de todos os contidos integrados nesta web. Todos os documentos literarios e gráficos incluídos, e que non son propiedade do Concello, foron compilados dende sitios web de acceso público en internet nos que non se fai mención á necesidade dunha autorización previa para a súa divulgación ou publicación noutros sitios web.

Se algún dos titulares dos dereitos de autor dalgún dos materiais referenciados fose contrario á súa inclusión, rogamos que se comunique cos responsables do servizo que atenderán de inmediato o seu requirimento de retirada, se esa fose a súa vontade, ou emendarán os erros, se fose o caso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión