Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Punto Limpo Móbil

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades deixando un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.

Neste vehículo haberá un operario que lle axudará á cidadanía a depositar cada residuo no colector correspondente.

Residuos admisibles: Residuos NON admisibles:
  • Aerosois
  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores
  • CD, DVD, disquetes e casetes
  • Cristal
  • Xoguetes
  • Lámpadas e fluorescentes
  • Pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores etc.)
  • Pilas
  • Pinturas e vernices
  • Radiografías
  • Roupa e calzado
  • Teléfonos móbiles
  • Tóner e cartuchos de impresora
  • Cascallos
  • Madeira
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos
  • Poliespán
  • Restos de poda

Horario: martes a sábado de 09.00 h a 14.15 h

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Decembro

Zona Monte Alto

  • Días 29 e 30 (venres e sábado): Campo de Marte

Xaneiro

Zona Lonzas

  • Días 2, 3 e 4 (martes, mércores e xoves): avenida de Cádiz (zona parque infantil)

Zona Mesoiro

  • Día 5 (venres): Illas Sisargas (zona Supermercado Eroski)

Zona Castrillón

  • Días 9, 10 e 11 (martes, mércores e xoves): praza Pablo Iglesias

Zona Gaiteira

  • Días 12 e 13 (venres e sábado): rúa Gaiteira (á altura do nº 31)

Zona Os Mallos

  • Días 16, 17 e 18 (martes, mércores e xoves): rúa Capitán Juan Varela (praza Audiencia Provincial)

Zona Os Castros

  • Días 19 e 20 (venres e sábado): avenida do Exército confluencia con avenida de Oza (zona glorieta)

Zona Elviña

  • Días 23, 24 e 25 (martes, mércores e xoves): praza Luis Seoane (zona Edificio Adms. Xunta - acceso aparcadoiro)

Zona Adormideras

  • Días 26 e 27 (venres e sábado): rúa Regata Cutty Sark (á altura do nº 5, fronte á farmacia)

Zona Monte Alto

  • Días 30 e 31 (martes e mércores): Campo de Marte

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?