Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Tranvía turístico (suspendido o servizo ata novo aviso)

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez s/n. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 250 100 (atención cliente)

Páxina web:

www.tranviascoruna.com

Horario:

Atención ao cliente:

Luns a domingo de 06.00 h. a 00.00 h.

INFORMACIÓN PERCORRIDO

 

Paradas:

  • Cabeceira Esclavas: Esclavas, Delegación da Axencia Tributaria, Praia do Orzán, Domus, Casa dos Peixes, Torre de Hércules, San Amaro, Maestranza, Castelo de San Antón e Porta Real.
  • Cabeceira Porta Real: Porta Real, Castelo de San Antón, Maestranza, San Amaro, Torre de Hércules, Casa dos Peixes, Domus, Praia do Orzán, Delegación da Axencia Tributaria, Esclavas.
A partir do día 3 de maio de 2007 e ata novo aviso, por mor das obras no Parrote, anúlase a parada de Porta Real, que se substitúe pola da Solaina.

 

Duración: Entre 30 e 45 minutos aprox. (traxecto de ida ou de volta).

 

Tarifa: 2 € (permítese realizar o pago con Tarxeta Millennium).

 

Normas xerais:

  • O prezo do billete só cobre un traxecto completo (de ida ou de volta).
  • O billete máximo admitido para cambio polo condutor é de 10 €.
  • Ao longo do percorrido existen diferentes paradas para subir e baixar do tranvía. Unha vez que nos baixamos o billete perde o seu valor.
  • Recoméndase confirmar os horarios e prezo por posibles alteracións.
  • Non existen descontos para ningún colectivo.
  • Pode alugarse o tranvía para grupos mesmo fóra dos días de funcionamento.

 

 

 

DATOS DE INTERESE

 

TRAMOS
  • 1º tramo inaugurado: desde o Castelo de San Antón á Fonte dos Surfeiros.
  • 2º tramo inaugurado: desde o Castelo de San Antón ao Parrote (paradas na Solaina e fronte ás instalacións do Real Club Náutico).
  • 3º tramo inaugurado: desde a Fonte dos Surfeiros ao Colexio das Esclavas.
  • Pendente finalización construción:
    Tramo entre o Colexio das Esclavas e o Millennium.
    Tramo entre o Millennium e a ladeira do Monte de San Pedro.

 

LONXITUDE

  • Total inaugurado: 10.310 m.
  • Desde o Castelo de San Antón á Fonte dos Surfeiros: 7.850 m.
  • Desde o Castelo de San Antón ao Parrote: 750 m.
  • Desde a Fonte dos Surfeiros ao Colexio das Esclavas: 1.170 m.

 

CIRCULACIÓN

  • O tranvía ten prioridade de paso sobre os demais usuarios.
  • O intercambiador está á altura de Secretaría de Estado de Facenda.
  • O tranvía circula por dobre vía agás na glorieta do Hotel Meliá María Pita e no illote das instalacións do Real Club Náutico.

 

NORMATIVA

Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 (Capítulo III - Prioridade de paso, Sección 1ª, Art. 57, Punto 1, Apartado b).

Ordenanza Municipal de Circulación, publicada no BOP nº 119 do 27 de maio de 2003. Capítulo II, Sección 3ª, Art. 21, Punto 1, Apartado b).

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?