Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2015

O Mercado de San Agustín acolle desde mañá un mercado local de produtores de proximidade

Mercado de San Agustín

Todos os martes, de 12 a 19 horas, habilitarase no primeiro andar un mercado de produtos sostibles e da comarca no primeiro andar

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de anunciar que desde mañá, e todos os martes, o mercado municipal de San Agustín acollerá unha praza de abastos de produtos naturais e de proximidade. A iniciativa, levaba a cabo coa Asociación Labrega Natura, permitirá que ducias de produtores locais poidan achegar até a praza produtos naturais do agro galego e cultivados de forma tradicional na contorna da Coruña. Segundo o concelleiro, Alberto Lema, “a proposta permitirá, como xa se fai noutras localidades, que un grupo de labregas e labregos acheguen produtos sostibles á cidade”, á vez que a veciñanza “poda levar á casa produtos da horta, de calidade”. O edil cualificou de “positiva” unha medida que “potenciará a economía local coa venda e consumo de produtos da comarca” e favorecerá “unha alimentación saudable” entre as coruñesas e coruñeses. Lema destacou tamén que San Agustín “gañará en atractivo” ao xerar máis actividade e ampliar o seu horario “sen intervir na actividade diaria das praceiras e praceiros, xa que a maior parte do mercado desenvolverase en horario vespertino”.

O mercado, ademais de ofrecer produtos de proximidade, contará con eventos musicais, charlas, ou degustacións que acompañarán a venda cada martes. Mañá, 1 de decembro, contará cunha ducia de produtores na inauguración: Ecolleitas, A horta de Ana, Leiralonga, Labrecos, A horta de Antía, O devalo, A horta do sacho, Granxas Lousada, Colectivos Xebre, A havendo horta e Meigamouta. O acceso ao ‘Mercado de produtos naturais e de proximidade’, que estará no primeiro andar de San Agustín, será aberto a todo o público.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?