Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

8 de xaneiro de 2016

A primeira edición da Carreira Popular de Matogrande celebrarase este domingo

Máis de 1700 deportistas percorrerán o barrio na nova proba do IV Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre

O Circuíto Coruña Corre comezará o 2016 coa estrea da nova proba desta tempada. Por vez primeira, o barrio Matogrande celebrará este domingo a súa propia Carreira Popular. 1750 deportistas populares, de todas as idades, tomarán a saída e percorrerán o barrio desde as 10.30 da mañá achegándose, na categoría absoluta, á Avenida da Vedra e ao campus universitario de Elviña. A proba, a terceira das sete que compoñen o circuíto municipal,  intégrase como unha carreira máis en Coruña Corre, que nesta edición destaca por conxugar a parte máis lúdica da actividade deportiva coa competición e fomentar a participación da veciñanza e clubs de atletismo na organización e desenvolvemento de cada carreira. O Servizo Municipal de Deportes contará este domingo, neste sentido, coa colaboración do Club Natación Liceo e a Asociación de Empresarios y Comerciantes de Matogrande y Área de Incluencia.       

A hora de saída da carreira absoluta da Popular de Matogrande será ás 10.30 horas. O grupo percorrerá 6.625 m desde a súa saída e chegada na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do Centro Liceo La Paz. Unha vez finalizadas as distintas carreiras, cuxos percorridos poden consultarse ao final desta publicación, realizarase ás 13.15 horas a entrega de premios para as e os primeiros clasificados en cada unha das categorías.

 

Os horarios de saída serán os seguintes.

Categoría Hora Distancia
Absoluta 10.30 h 6.625 m. aprox.
Xuvenil 11.35 h 2.535 m. aprox.
Cadete 11.35 h 2.535 m. aprox.
Infantil 11.50 h 1.495 m. aprox.
Alevín feminino 12.05 h 730 m. aprox.
Alevín masculino 12.25 h 730 m. aprox.
Benxamín feminino 12.35 h 730 m. aprox.
Benxamín masculino 12.50 h 730 m. aprox.
Prebenxamín 13.00 h 120 m. aprox


As e os participantes poderán recoller os dorsais da proba de Matogrande o sábado, 9 de xaneiro, no Centro Liceo La Paz de 11:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 21:00 h. O domingo tamén poderán recollerlos até unha hora antes de cada unha das carreiras, na mesma instalación, onde haberá servizo de duchas e gardarroupa (de 9.30 a 13.30 horas). Nesta ocasión tamén estará dispoñible o servizo de canguraxe, destinado ás fillas e fillos de 3 a 8 anos (nados de 2012 a 2007) de participantes da proba que así o solicitaron no momento de formalizar a súa inscrición.

A serie de carreiras populares Coruña Corre achegouse na súa IV edición aos barrios dos Rosales e Novo Mesoiro nos meses de novembro e decembro. Despois de Matogrande, continuará o 26 de marzo na contorna da Torre de Hércules, o 26 de xuño en San Pedro de Visma, o 31 de xullo en Oza e o 4 de setembro no Ventorrillo.  Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición, pode consultarse na páxina web municipal

 

 

 

 

MOBILIDADE

O desenvolvemento da proba provocará modificacións no tráfico do barrio. A circulación de vehículos pola rúa Sebastián Martínez Risco cortarase ás 07.30 horas para permitir a colocación dos elementos de meta, e o desvío de vehículos das rúas do trazado da carreira farase desde as 9.30 horas. Durante a celebración das distintas carreiras estará prohibido o acceso e saída dos garaxes, permitíndose nos tempos entre as probas das diferentes categorías.

O percorrido da absoluta, que chegará até o campus de Elviña, provocará o corte do carril de acceso de Pocomaco cara Alfonso Molina no sentido saída da cidade  desde as 10.15 horas até as 11.15 horas (obrigando a facer o cambio de sentido en Ponte da Pedra). En todo momento a organización manterá o acceso ao Hotel Attica 21 e ao aparcadoiro da praza do Eroski desde a entrada do  Hotel.

 

 

Documentos:

Carreira de Matogrande - Percorrido da proba absoluta (490 KB)

Carreira de Matogrande - Percorrido da proba de menores (356 KB)

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?