Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

Libros en directo Primavera 2015

Cando:

Os días 22/01/2015 ás 20:00 , 19/02/2015 ás 20:00 , 19/03/2015 ás 20:00 , 26/03/2015 ás 22:00

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Páxina web:

http://polisemias.com/eventos/librosendirecto14-15/

Polisemias

Nova edición de "Libros en directo". Unha cita mensual coa mellor literatura de actualidade da man dos seus autores.

Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes.

Unha cita mensual, que servirá para que o público se achegue ao Centro Ágora para escoitar de boca dos propios autores.

Durante a conversación con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores falarán da súa traxectoria como novelistas e como a actualidade inflúe no seu traballo. E ao seu remate, asinarán exemplares da súa obra.

Programación:

22 de xaneiro do 2015, Pirar Eyre: Mi color favorito es verte (Planeta)

19 de febreiro do 2015, o Premio Nadal José C. Vales: Biarritz (Destino) unha crónica divertida e sorprendente que está a conmocionar o panorama literario. Unha aposta distinta dun autor, José C. Vales, que desenvolveu un destacado labor como editor e tradutor.

19 de marzo do 2015, Martín Casariego: El juego sigue sin mí (Siruela) gañadora do Premio Café Gijón 2014. Esta novela, en palabras de Ignacio Martínez de Pisón é "Un libro estupendo, brillante actualización dun xénero literario eterno: a novela de aprendizaxe".

16 de abril do 2015 James Ellroy: Perfidia (Random House) novela que nos trasladará ao longo das súas 768 páxinas ao ano 1941, a un EE.UU. ao bordo da Segunda Guerra Mundial, onde a noite anterior ao ataque xaponés de Pearl Harbor e, nunha escalada crecente de rancor cara aos xaponeses, os corpos dunha familia de clase media nipoa son achados sen vida no seu fogar.

28 de maio do 2015, o invitado do ciclo Libros en directo será Rodrigo Muñoz Avia que, en xornada de mañá (11.00 h), realizará un encontro con alumnos de centros escolares para falarlles do seu libro El signo prohibido que recibiu o XXIII Premio Edebé Infantil. Xa pola tarde, a partir das 20.00 h, o autor conversará con Pedro Ramos sobre a súa novela Cactus publicada no mes de marzo na editorial Alfaguara.

19 de xuño do 2015, Como de la familia (Ed. Salamandra) de Paolo Giordano que, coa súa minuciosa radiografía dunha familia moderna, a terceira e esperada novela do autor de La soledad de los números primos, seduciu o público e a crítica italianos por igual.

Entidades

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?