Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

OBRADOIRO DE PINTURA E POESÍA, CON TERESA CANDAL

A quen vai dirixido?:

Maiores de 16 anos

Cando:

Dende o 14/10/2016 ata o 25/11/2016

Horario:

Os venres das 16.30 ás 18.00 h

 

Enderezo:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

INSCRICIÓN: o venres 30 de setembro, a partir das 9.00 h, na conserxaría de Ágora ou no 981 189 888 N.º DE PRAZAS: 15 DURACIÓN: DO 14 outubro ao 25 de novembro

A literatura, e sobre todo a poesía, presentan unha gran cantidade de recursos que fan referencia a campos alleos á propia linguaxe: matices, imaxes, formas, ritmos etc. Traballaremos na converxencia e diverxencia de ambos os mundos.

DESCRICIÓN:

O primeiro día, centrarémonos no campo da literatura. Veremos un pouco de teoría sobre os recursos expresivos da literatura, os caligramas e como traballo práctico haberá que facer un caligrama. O obxectivo desta primeira clase é empezar a atopar os nosos propios recursos para expresarmos as nosas emocións.

O segundo e terceiro día, centrarémonos na pintura. Daremos algo de teoría da cor para conseguirmos unhas bases e empezaremos a ver a técnica da acuarela. Facilitaranse dous poemas e escollerase un para ilustrar.

Nos seguintes días, facilitaranse unha serie de poemas para traballar sobre eles. Partindo destes poemas, teremos que escriber un texto da nosa creación e despois realizar unha creación composta de catro ou cinco acuarelas en que o texto e a imaxe convivan. Non é obrigado cinguirse aos poemas propostos na clase, quen queira poderá traer os seus da casa. Tamén veremos unhas nocións de tipografía: tipografía de edición e tipografía creativa, para axudar o alumnado a resolver o tema de como incorporar o texto á imaxe.

OBXECTIVOS:

Como podemos traducir un texto en imaxes? Como xorden as imaxes? Que mecanismos nos levan a asociarmos un texto a unha imaxe? É esta asociación obxectiva? No obradoiro, intentaremos darlles resposta a estas preguntas e buscar os nosos propios recursos. Traballaremos con poemas en lingua galega e converterémolos en imaxes.

Entidades

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?