Concello da Coruña

Concello da Coruña

Guadi Galego - Lúas de outubro e agosto

Con motivo do Día das Letras e co fin de promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2016, este ano conformado por un concerto de Guadi Galego, do disco “Lúas de outubro e agosto”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h

 

Duración:

75 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Con convite (MÁXIMO DOUS CONVITES POR PERSOA)

Os convites repartiranse (até esgotárense), ao coller libros en galego nas Bibliotecas Municipais (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar dunha actividade dirixida a público adulto) para os levar en préstamo. Comezaranse a repartir o luns 9 de maio, no horario de apertura de cada unha das Bibliotecas Municipais.

 

Guadi Galego, no ano 1997 entrou en Berrogüetto, onde estivo 10 anos exercendo como cantante e gaiteira, banda coa que acadou un gran recoñecemento internacional e gravou tres discos Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001), ambos moi ben recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos (entre eles o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha nominación aos Grammy Latinos na súa edición de 2002) e 10.0 (2006) onde acadou o segundo Premio Opinión de mellor disco galego do ano e nominación aos premios da Música co seu tema” Xente”.

En  2005, gravou Espido, con Guillerme Fernández, o seu proxecto máis íntimo e persoal, co que acadou o segundo premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano 2005. En 2006, editou Nordestin@s, xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira, onde acadaron tamén o Premio ao Mellor Disco Galego. Finalmente, saíu á luz en 2009 BENZÓN, o seu preimeiro proxecto en solitario, aclamado pola crítica galega e española, co que  tamén obtivo o Premio ao Mellor Disco do ano e nominación aos Premios da Música.

En 2012, presentou aCadaCanto, proxecto intimista onde traballou unha vez máis con Guillerme e esta vez acompañada ademais por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón.

En 2014, editou Lúas de Outubro e Agosto, a súa nova aposta persoal con que comeza a xirar acompañada dunha nova formación. O éxito deste segundo traballo editado non sei fixo agardar: vendeu 3.000 copias en 3 meses.

Guadi Galego foi galardoada durante o 2015 co “Premio da Crítica de Galicia”, nominada aos “Premios da Música Independente” e galardoada co “Premio Bos e Xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión