Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2015

Modificación das liñas de autobús por obras de pavimentación nas rúas Orzán e Sol

As liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 11 cambiarán o seu percorrido habitual a partir de mañá, xoves 6 de agosto, até o venres 28.



As obras de mellora da pavimentación do cruce das rúas Orzán e Sol provocarán, desde as 10.00 horas de mañá, modificacións nos itinerarios habituais das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 11. A Concellería de Mobilidade informa que os autobuses pasarán a circular desde Praza de España pola rúa San Roque, rúa Hospital, Paseo Marítimo, Modesta Goicouria e Praza de Pontevedra, onde recuperarán os itinerarios habituais, quedando temporalmente sen servizo as paradas de Praza de España, rúa Panaderas (Museo), San Andrés e Praza de Pontevedra.

Nos vindeiros días, e até o día 28 de agosto, as paradas alternativas provisionais estarán situadas nas seguintes ubicacións:
-  Rúa San Roque, 22 (dando servizo á zona da Praza de España)
- Rúa Hospital no cruce coa rúa Zalaeta (sendo alternativa á da rúa Panaderas)
- Paseo Marítimo frente ao Ambulatorio San José (sustituíndo á de San Andrés)
- Praza de Pontevedra nº16, xunto á perfumería Arenal e diante das oficinas do Deportivo (no lugar de Praza Pontevedra - Eusebio da Guarda).


Cortes de tráfico e accesos a garaxes

As obras de pavimentación provocarán que non se poida circular pola rúa Orzán desde a Praza Pintor Sotomayor á rúa Sol, nin pola rúa Sol desde San Andrés até a rúa Orzán. O tráfico desde San Andrés até Rúa Sol e Boquete quedará cortado, exceptuando garaxes e residentes.

Ademais, haberá cortes de tráfico na Praza de España desviando o tráfico cara a rúa Hospital, con excepción para residentes, garaxes e reparto de mercancías. Habilitarase a circulación en sentido contrario no tramo entre de Corralón entre a rúa Orzán e Zalaeta, quedando prohibido o sentido actual de circulación. 

  

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?