Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2017

Proposta de resolución provisional de concesión de subvencións 2016

Convocatoria de subvencións Deportes 2016

Balóns de diversas cores, zapatillas e material deportivo

O obxecto desta convocatoria é conceder axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva co fin de fomentar e promover a práctica deportiva no termo municipal durante o ano 2016.

LUNS, 20 DE FEBREIRO DE 2017

Publícase a resolución definitiva de concesión de subvencións para a promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña 2016. Pódese consultar na seguinte ligazón

Resolución definitiva de subvencións para a promoción e o fomento do deporte 2016

VENRES, 2 DE DECEMBRO DE 2016

Publícase a proposta de resolución provisional de concesión de subvencións para a promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña 2016, de conformidade coa base 15.1 da convocatoria (BOP número 121, do 28 de xuño de 2016), desde o día 2 ao día 19 de decembro de 2016, ambos inclusive.

Proposta de resolución provisional subvencións 2016

Extracto da resolución do 17 de xuño de 2016 da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña pola que se convocan subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña 2016.

MARTES, 28 DE XUÑO DE 2016 | BOP NÚMERO 121 (Ver texto en documento adxunto)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria específica de subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña 2016 cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:

http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/309874

Beneficiarios: Poderán obter a condición de beneficiario as asociacións, clubs, federacións e demais entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente, que poidan levar a cabo os proxectos, programas e/ou actividades definidos no obxecto desta subvención.

Obxecto: Axudas económicas en réxime de concorrencia competitiva co fin de fomentar e promover a práctica deportiva no termo municipal durante o ano 2016. As actividades clasifícanse para os efectos de convocatoria nos seguintes tipos: programas de actividade deportiva; programas de actividade física; deporte para todos; deporte autóctono e na natureza e organización de actividades deportivas de carácter extraordinario.

Poderase solicitar a subvención para unha ou varias actividades nunha única solicitude, e deberá neste caso ser indicado polo interesado cada actividade de forma independente e por orde preferente, e poderá o Concello optar por unha ou varias delas. Neste suposto presentará memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.

Achegamos a esta noticia, copia do BOP co texto íntegro do extracto e modelos de inscrición no Remac.

_____________________________________

Documentos xustificación:

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?