Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Carreiras Populares

Carreira Cros Baixada San Pedro

cartel oficial coa información da carreira

CLASIFICACIÓNS

INSCRICIÓNS

A data límite será o mércores 1 de maio ás 23:59 horas.

As inscricións realizaranse en liña en www.coruna.es/carreraspopulares 

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

10:30

6.725 m aprox.

SUB 18

11:35

2.605 m aprox.

SUB 16

11:35

2.605 m aprox.

SUB 14

11:50

1.365 m aprox.

SUB 12

12:05

800 m aprox.

SUB 10

12:15

800 m aprox.

PREBENXAMÍN*

12:25

110 m aprox.

*Horarios orientativos en función da participación

LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Sábado 4 de maio: Centro Cívico San Pedro de Visma de 11:00 a 20:30 h
  • Domingo 5 de maio: Centro Cívico San Pedro de Visma, ata 1 h antes do inicio de cada carreira.

LUGAR DE SAÍDA E META CARREIRA ABSOLUTA

  • Rúa San Pedro de Visma, intersección coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico

SERVIZO DE GARDARROUPA

O día da carreira, de 9:30 a 13:00 horas no Centro Cívico San Pedro de Visma

PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA

Ás 11:25 horas

SERVIZO DE DUCHAS

Polideportivo dos Rosales . Horario: de 11:00 a 14:00 h

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP

O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora.

  1. Chip amarelo de propietarias/os (non se devolve)
  2. Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)
  3. Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve)

AVITUALLAMENTO DE META

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.

COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

ENTREGA DE PREMIOS

Horario e lugar: ás 12:45 horas no palco situado no Centro Cívico San Pedro de Visma.

  • As/os atletas premiadas/os deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
  • Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
  • Exclusivamente poderán subir ao podium as/os atletas premiadas/os.
  • Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.
  • Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

AFECCIÓN AO TRÁFICO

No documento adxunto no final da páxina está a información de afección ao tráfico que implica esta carreira na zona.

MEDIOS DE CONTACTO

  • Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es
  • Teléfonos de información: 981 189 800 (Ext. 25025 - 25038)

Web: www.coruna.es/carreraspopulares

      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?