CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Fechas Precio / Dotación Información
XuvenCiencia, campamento científico da USC
  • Alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Fecha: Desde el 01/07/2019 hasta el 05/07/2019Fecha de inscripciónDesde el 03/05/2019 hasta el 12/05/2019

160 € . Inclúe a participación nas actividades do Campus, programa de tarde e de noite Lumieira Acompaña, material necesario para o Campus, seguro, xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, e diploma de participación da USC. Ademais inclúe a pensión completa desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.

XuvenCiencia desenvolverase do 1 ao 5 de xullo 2019 no Campus Universitario de Lugo, con programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamento. Entrada o domingo 30 de xuño, desde ás 18:00 h ata ás 21:00 h. Saída o sábado 6 de xullo, desde as 09:00 h ata as 10:30 h.

  • Proceso de inscrición: 3 pasos, cada un co seu formulario electrónico dispoñible na web
    • Preinscrición: admisión dos primeiros 100 novos e 50 veteranos para o seguinte paso da matrícula.
    • Preferencias: o tempo da recepción desta parte non conta para a orde na lista de inscrición. 
    • Matrícula e pagamento.
  • Prazos:

    • Do 3 de maio, a partir das 15:30 h. ata o 12 de maio ás 24:00 h: encher os formularios de preinscrición e das preferencias na web

    • 15 de maio: Publicación da primeira lista de admitidos/as e da lista de agarda na web

    • Do 15 de maio ata o 21 de maio 24:00 h: Matrícula para as persoas que figuren na primeira lista de admitidos/as

    • 22 de maio: Publicación da segunda lista de admitidos/as na web co alumnado da lista de agarda.

    • Do 22 de maio ata o 28 de maio 24:00 h: Matrícula para as persoas que figuren na segunda lista de admitidos/as

    • 29 de maio: Terceira e última lista de admitidos/as 

  • Adxudicación das prazas por orde de recepción da preinscrición e segundo as prazas dispoñibles para alumnado novo e veterano.

Contacto:

Grupo XuvenCiencia Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC

Dúbidas sobre o Campus XuvenCiencia: xuvenciencia@usc.es / Teléfono: 982 821 517

Dúbidas sobre o programa de tarde e noite e o aloxamento: A.D.C. Lumieira lumieiralugo@gmail.com

Campamentos municipais 2019: urbanos, de día e tradicionais
  • CAMPAMENTOS URBANOS
    • Nenos e nenas nados do 01/01/2007 ao 31/12/2015
    • Preinscrición: no centro cívico onde se desexe solicitar a praza os días 4, 6 e 7 de maio de 2019, de 11.00 a 13.30 e de 17:00 a 20:00 h.
  • CAMPAMENTOS DE DÍA:
    • Nenos e nenas de 4 a 12 anos, cumpridos no momento da inscrición.
    • Preinscrición: no centro cívico Monelos os días 4, 6 e 7 de maio de 2019, de 11.00 a 13.30 e de 17:00 a 20:00 h.
  • CAMPAMENTOS TRADICIONAIS:
    • Rapaces e rapazas de 8 a 16 anos, cumpridos no momento da preinscrición.
    • Preisncrición: : no centro cívico de Monelos os días 4, 6 e 7 de maio de 2019, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.
  • Terán preferencia as persoas participantes empadroadas no Concello da Coruña.
Fecha:
  • Campamentos urbanos:
    • Quendas 1 e 6: Horario xeral 15 euros. Horario ampliado 20 euros
    • Quendas: 2, 3, 4 e 5: Horario xeral 26 euros. Horario ampliado 32 euros
  • Campamentos de día: 85 euros
  • Campamentos tradicionais: 85 euros
  • CAMPAMENTOS URBANOS: realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos, produccións plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa. Haberá unha excursión en cada quenda, agás nas quendas 1 e 6 (de 10.00 a 18.00 h).
    • Oferta de campamentos: 
      • Centros cívicos que ofertan todas as quendas con posibilidade de horario ampliado: Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego.
      • Centros cívicos onde se ofertan so as quendas 2 e 3: A Silva, Artesáns, Santa Margarida, Sagrada Familia, Santa Lucía, Pescadores, Feáns e San Pedro de Visma. 
    • Horario: de 10:00 a 14:00 horas. Ampliado: de 9 a 14:30 horas
  • CAMPAMENTOS DE DÍA: realizaranse actividades deportivas e culturais, que fomenten o coidado e respecto ao medio ambiente e o bo uso dos espazos urbanos e adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa. En cada xornada, a todos os rapaces e rapazas, proporcionaránselle tres comidas: media mañá, xantar e merenda. Lugar de realización: Colexio Calasanz PP. Escolapios na Coruña. Quendas (non haberá campamento as fins de semana ou festivos): 

    • Quenda 1: do 1 ao 12 xullo

    • Quenda 2: do 15 ao 31 de xullo

    • Quenda 3: do 1 ao 16 de agosto

    • Quenda 4: do 19 ao 30 de agosto

  • CAMPAMENTOS TRADICIONAIS: A temática xeral dos campamentos serán as actividades multiaventura, aprenderanse valores relacionados coa cultura do deporte e o respecto á natureza. Lugar de realización: Albergue A Vilavella,  A Mezquita (Ourense). Quendas: 

    • Para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos: 

    • Quenda 1: do 7 ao 13 de xullo

    • Quenda 3: do 4 ao 10 de agosto

    • Para rapazas e rapaces de 12 a 16 anos:

    • Quenda 2: do 14 ao 20 de xullo

    • Quenda 4: do 11 ao 17 de agosto

Contacto:

Rede de Centros Cívicos Municipais

Teléfono de información municipal 010

Campaña de verán 2019. Campamentos en Galicia e noutras Comunidades Autónomas
  • Mozas e mozos galegos residentes en Galicia, con idades entre os 9 e os 17 anos: 
    • As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
    • As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar. 
  • Ningunha persoa poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.
  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
    • Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude. 
    • Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
    • Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.
    • As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
Fecha: Fecha de inscripción Hasta el 07/05/2019

Variable, según actividade.

Os membros de familia numerosa e familia monoparental terán un desconto do 50 %.  As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 %.  Os descontos en ningún caso serán acumulables.

As diferentes actividades que integran a programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

 As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • O transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas. 

Solicitudes. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple (para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás), e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade:

  • Procedemento xeral:
  • Solicitude individual: procedemento BS303A
  • Solicitude múltiple: procedemento BS303F
  • Procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade: 
  • Solicitude individual: procedemento BS303G
  • Solicitude múltiple: procedemento BS303H

Contacto:

Consellería de Política Social. Xefatura Territorial da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado

CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º. 15008 A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 40 / 881 88 12 38 / 881 88 12 39

Publicación: DOG 22/04/2019

Campamentos Granxa Escola de Barreiros 2019
  • Campamento naturaleza I: de 5 - 11 años
  • Campamento naturaleza II: de 6 - 12 años
  • Campamentos naturaleza I + II: de 7 - 12 años
  • Campamento musical: de 7 - 16 años
  • Campamento naturaleza + musical: de 7 - 16 años
  • Campamento artes escénicas: de 10 - 16 años
  • Campamento musical + artes escénicas: de 10 - 16 años
Fecha:
  • Campamento naturaleza I: 415 euros
  • Campamento naturaleza II: 425 euros
  • Campamentos naturaleza I y II: 795 euros
  • Campamento musical: 495 euros
  • Campamento naturaleza + campamento musical: 850 euros
  • Campamento artes escénicas: 370 euros
  • Campamento musical + campamento artes escénicas: 845 euros

Descuentos del 15% a partir del 2º hijo/a.

  • Campamento naturaleza I: del 30 junio al 6 julio
  • Campamento naturaleza II: del 6 al 13 de julio 
  • Campamentos naturaleza I y II: del 30 junio al 13 julio
  • Campamento musical: del 13 al 20 julio 
  • Campamento naturaleza + campamento musical: del 6 al 20 julio
  • Campamento artes escénicas: del 21 al 26 julio  
  • Campamento musical + campamento artes escénicas: del 13 al 26 julio  

Contacto:

Granxa Escola de Barreiros

Carretera Sarria-Portomarín LU-633 (km 54). 27612 Sarria (Lugo)

info@granxadebarreiros.com

Tel: 982 533 656 - 698 129 000

Campaña de vela Deputación da Coruña
  • Idades: entre os 9 e os 18 anos, ambos inclusive, cumpridos antes do 31 de decembro de 2019. 
  • Saber nadar. 
  • É imprescindible que os rapaces e rapazas estean empadroados no Concello da Coruña 
  • Preinscrición:
    • Realizarase na páxina web do Servizo Municipal de Deportes ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.
    • Para as solicitudes de preinscrición non é necesario presentar ningún documento nin ficha, tan só cubrir os datos na páxina web.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do 09 de xullo de 2019. Abrirase un período de alegacións para corrección de erros do 10 ao 12 de xullo; presentaranse nas oficinas de rexistro do Servizo Municipal de Deportes (Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor).
  • Sorteo público: día 15 de xullo de 2019 ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Riazor. 
  • Publicación da listaxe definitiva: 16 de xullo de 2019
  • Matrícula e formalización de inscricións: días 17, 18 e 19 de xullo nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor.
Fecha: Desde el 29/07/2019 hasta el 02/08/2019Fecha de inscripción Hasta el 08/07/2019

25,00 €, que se ingresarán no número de conta que indique a Deputación da Coruña. Só se fará efectivo o pagamento unha vez confirmada a praza. 

Lugar: Estación Náutica Municipal A Coruña, praia de Oza.

Quendas e prazas:

  • Quenda de mañá (de 10:00h a 14:00h): 20 prazas
  • Quenda de tarde (de 16:00h a 20:00h): 20 prazas

Contacto:

Concello da Coruña. Servizo Municipal de Deportes

Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.

Telf. de información do concello: 010

Campamento en Portonovo Ayuko Aventura
  • Edades desde los 8 a los 14 años.
Fecha: Desde el 11/07/2019 hasta el 17/07/2019Fecha de inscripción Hasta el 10/06/2019
  • 285 € haciendo la reserva de plaza antes del 10 de mayo. 
  • 300 € a partir del 11 de mayo.
  • El precio con descuento, de 285 €, se mantendrá a partir de segundos hermanos en adelante, sin tener en cuenta la fecha de reserva de plaza.

Contacto:

Ayuko Aventura, S.L.U.

Subida al Cementerio de Puxeiros, 6. 36318 Vigo

Telf. 659 289 255/ 686 654 060

E-mail: info@ayukoaventura.com

Campamento urbano: X días de misterio na cidade
  • Nenos e nenas nados ente o 2012 e o 2004.
  • Inscricións: de luns a venres de 16:30 a 18:30 h. no CX Abeiro.
Fecha: Desde el 29/07/2019 hasta el 09/08/2019

Gratuíto.

Contacto:

Asociación CX Abeiro

Rúa Don Bosco 1. 15003 A Coruña

Telf. 693 846 023

cxabeiro@cxabeiro.org

Mañás de verán no Centro Xuvenil Abeiro
  • Nenos e nenas de 4 a 12 anos.
  • Inscricións no C.X Abeiro de luns a venres de 16:30 a 18:30 horas. 
Fecha: Desde el 25/06/2019 hasta el 26/07/2019

Consultar prezos no C.X. Abeiro.

Contacto:

Asociación CX Abeiro

Rúa Don Bosco 1. 15003 A Coruña

Telf. 693 846 023

cxabeiro@cxabeiro.org

Campamentos deportivos de verán 2019 da Deputación da Coruña
  • Idades entre os 9 e 14 anos, cumpridos no 2019.
  • É imprescindible que as persoas participantes estean empadroadas no Concello da Coruña.
Fecha: Desde el 30/06/2019 hasta el 05/07/2019Fecha de inscripción Hasta el 31/05/2019

85€, no número de conta que indique a Deputación da Coruña, (só se fará efectivo unha vez confirmada a praza).

  • Preinscrición:
    • Realizarase na páxina web do Servizo Municipal de Deportes ata o día 31 de maio ás 14:00 h. Farase on line ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.
    • Para as solicitudes de prescrición non é necesario presentar ningún documento nin ficha, tan só cubrir os datos na páxina web.
  • Listaxe provisional de solicitantes:
    • Publicarase a partir do 3 de xuño de 2019.
    • Abrirase un período de alegacións para corrección de erros de tres días naturais, do 4 ao 6 de xuño.
  • Sorteo público
    • Día 7 de xuño de 2019 as 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Riazor.
  • Matrícula e formalización de inscricións:
    • Días 11, 12 e 13 de xuño nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor, en horario de 08:00h a 13:30h.

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

- Cidade Deportiva de Riazor

- Cidade Deportiva da Torre

- Polideportivo Municipal Barrio das Flores

Teléfono de información: 010 

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019
  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos.
  • Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita. 
  • A solicitude, o informe médico e a documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Fecha: Fecha de inscripción Hasta el 03/05/2019

125 euros. Este importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso. 

Ofértanse 185 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán, Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense):

  • De 11 a 14 anos :
    • Do 15 ao 24 de agosto: Gandarío 
    • Do 22 ao 31 de agosto: O Carballiño 
  • De 15 a 18 anos:
    • Do 15 ao 24 de agosto: Gandarío 
    • Do 1 ao 10 de setembro: Panxón 
  • De 19 a 25 anos:
    • Do 1 ao 10 de xullo: Panxón 
    • Do 5 ao 14 de xullo: O Carballiño 
    • Do 1 ao 10 de agosto: Gandarío 
    • Do 29 de agosto ao 7 de setembro: Gandarío 
  • De 26 a 40 anos:
    • Do 1 ao 10 de xullo: Panxón
    • Do 1 ao 10 de agosto: Gandarío
    • Do 29 de agosto ao 07 de setembro: Gandarío
    • Do 5 ao 14 de setembro:  O Carballiño 

Contacto:

Consellería de Política Social

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 981 547 437, 981 546 737, 981 544 640

Servizo de Dependencia e Autonomía. Xefatura Territorial

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña. Teléfono 881 881 528