24 de outubro de 2019
A chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, o Samaín, con multitude de manifestacións populares. Tamén o celebramos nos nosos centros cívicos.
A chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, con multitude de manifestacións populares. Nos nosos días é frecuente a mestura entre tradicións do mundo cristián con tradicións pagás e mesmo do mundo anglosaxón, que converteron esta celebración nunha das máis destacadas do outono.
Desde finais de outubro os centros cívicos municipais da Concellería de Igualdade, Benestar social e Participación organizan diversas actividades entre as que destacan as festas de Samaín, dirixidas ás nenas e aos nenos.
As festas son gratuítas pero as persoas interesadas accederán mediante invitación, que poden recoller no centro cívico correspondente.
As e os menores deberán estar acompañadas/os dunha persoa adulta durante a festa.
As festas de Samaín celébranse nas seguintes datas e centros cívicos:
Para maior información diríxete ao teu centro cívico ou á páxina de actividades socioculturais desta web.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible