Concello da Coruña

Concello da Coruña

No Servizo de Vivenda e Rehabilitación promóvense actuacións que incentiven a rexeneración urbana e do patrimonio existente na cidade da Coruña. Na súa actividade de fomento, xestiónanse subvencións para conservación e a rehabilitación de edificios de vivendas.

A regulación das subvencións efectúase na "ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas" cuxa última modificación aprobouse definitivamente polo Pleno do Concello da Coruña na sesión celebrada o 8 de setembro de 2022 e publicouse no Boletín Oficial da Provincia do día 21 de outubro de 2022.

1º - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

1.- Obras de mellora de eficiencia enerxética: reforma de fachada, cuberta, substitución de caldeiras, enerxías renovables, cambio de xanelas... que permitan obter unha redución da demanda enerxética anual global do inmoble de polo menos un 25 % sobre a situación previa á actuación.

2.- Obras de accesibilidade en elementos comúns, e no interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida ou maiores de 70 anos, destinadas a dotalas das condicións establecidas na normativa vixente.

3.-Obras de adecuación das condicións de habitabilidade de vivendas construídas con licenza concedida con anterioridade á entrada en vigor do decreto do 311/1992, de 12 de novembro, sobre supresión da cédula de habitabilidade.

4.- Obras de mellora da Sostibilidade dos inmobles para o cumprimento do CTE dos parámetros de protección contra o ruído, de salubridade e de niveis de gas radón da edificación.

5.-Obras nos inmobles catalogados cando o seu obxectivo sexa a conservación e mantemento, reparación, restauración ou rehabilitación dos seus elementos ou partes obxecto de protección.

6.-Obras de conservación de edificios de uso residencial de vivenda colectiva con máis de 50 anos de antigüidade, cuxa execución permita a posterior emisión dun informe favorable de avaliación do edificio.

2º - QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?

- As comunidades de propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.

- Nas obras en vivendas, o propietario ou o ocupante con autorización deste.

- Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.

3º - QUE CARACTERÍSTICAS TEÑEN QUE TER OS INMOBLES?

- Non estar incursos en ningún procedemento de reposición da legalidade ou infracción urbanística incoado e notificado.

- Contar con título habilitante urbanístico necesario segundo o tipo de obra a executar (licenza ou comunicación previa) ou, no seu caso, estar solicitada.

- Cando as obras para as que se solicite a subvención afecten a inmobles para os que se teña incoado e notificado un procedemento de reparación de deficiencias relativas ao deber urbanístico de conservación, a resolución de aboamento quedará condicionada ao informe técnico favorable do expediente de deficiencias.

- Na rehabilitación de edificios deberase destinar ao uso de vivenda como mínimo o 60 % da a súa superficie sobre rasante, e terá que utilizarse como domicilio habitual polo menos o 75 % das vivendas, excluíndose deste cómputo os baixos destinados a local comercial.

4º - CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

A contía das subvencións aplicarase sobre o custo subvencionable, que incluirá o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado, e os honorarios profesionais dos técnicos e administrativos que interveñan. No custo subvencionable non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

1 MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA % máximo
1a. Envolvente térmica (fachadas e cuberta) 30 % 6.000 €/viv.
1b. Resto de actuacións de mellora da eficiencia enerxética 30 % 3.000 €/viv.
2 OBRAS DE ACCESIBILIDADE % máximo
2a. Instalación de ascensores e mellora de accesibilidade segundo DB SUA en elementos comúns 50% 6.000 €/viv.

2b. Accesibilidade interior de vivendas de persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada (art. 2.7)

2c. Accesibilidade interior de vivendas de persoas de 70 anos de idade ou máis

2d. Actuacións que melloren o cumprimento do DB SUA no interior das vivendas

Renda da unidade conviv. < IPREM 60% 12.000 €/viv.
Renda de unidade conviv. < 2 IPREM 45% 9.000 €/viv.
Renda da unidade conviv. < 3 IPREM 30% 6.000 €/viv.
Renda da unidade conviv. < 4 IPREM 20% 4.000 €/viv.
RESTO 10% 2.000 €/viv.
3 MELLORA DA HABITABILIDADE DAS VIVENDAS % máximo
Renda da unidade de convivencia < IPREM 60% 12.000 €/viv.
Renda da unidade de convivencia < 2 IPREM 45% 9.000 €/viv.
Renda da unidade de convivencia < 3 IPREM 30% 6.000 €/viv.
Renda da unidade de convivencia < 4 IPREM 20% 4.000 €/viv.
RESTO 10% 2.000 €/viv.
4 MELLORA DA SOSTIBILIDADE DOS INMOBLES % máximo
4a. Protección contra o ruído 30% 3.000 €/viv.
4b. Mellora da salubridade 30% 3.000 €/viv.
4c. Cumprimento de niveis de radón sinalados na normativa 30% 3.000 €/viv
5 ACTUACIÓNS EN INMOBLES CATALOGADOS % máximo
5a. Edificios con protección monumental ou integral 60% 6.000 €/viv.
5b. Edificios con protección estrutural 45% 4.500 €/viv.
5c. Edificios con protección ambiental 30% 3.000 €/viv.
6 CONSERVACIÓN DE INMOBLES % máximo
Actuacións sobre elementos comúns dos inmobles 50% 3.000 €/viv.

1. As axudas poderán acumularse cando se soliciten para actuacións sobre un mesmo ben inmoble, diferenciándose para ese efecto as que afecten a vivendas das que afecten os elementos comúns dos inmobles nos que estas puidesen atoparse, e manténdose os máximos correspondentes a cada un dos tipos de intervención.

Para isto, as actuacións deberán describirse na documentación asinada por técnico competente, segundo o sinalado no artigo 9.1.c) desta ordenanza.

2. Cando as axudas se soliciten para actuacións sobre os elementos comúns dun edificio de vivendas correspondentes aos tipos 1, 2a, 4, 5, e 6 poderán incrementarse tanto na súa porcentaxe como na cantidade máxima, nas seguintes proporcións:

  1. Para unidades de convivencia con ingresos inferiores ao IPREM, un 60 %.
  2. Para unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2 veces o IPREM, un 45 %
  3. Para unidades de convivencia con ingresos inferiores a 3 veces o IPREM, un 30 %
  4. Para unidades de convivencia con ingresos inferiores a 4 veces o IPREM, un 15 %

3. Cando as actuacións de mellora de eficiencia enerxética inclúan a implantación dun sistema de monitorización de consumos enerxéticos e condicións ambientais do inmoble que permita avaliar a eficacia do investimento, mediante a remisión dos datos obtidos a unha plataforma municipal para a súa xestión, a contía e importe máximos das actuacións recollidas nos epígrafes 1a e 1b incrementaranse nun 50 %:

1M

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA-MONITORIZADA

%

máximo

1a(m)

Envolvente térmica (fachadas e cuberta)

45%

9.000 €/viv.

1b(m)

Resto de actuacións de mellora da eficiencia enerxética

45%

4.500 €/viv.

Para isto, os sistemas deben implantarse no inmoble e transmitir a información á plataforma municipal durante o ano antes de realizarse a actuación rehabilitadora, e permanecer activa ata un ano despois da súa finalización.

Sobre os importes máximos deste apartado aplícanse, cando cumpra, os incrementos que aparecen recollidos no apartado 2.

5º - CANDO SE PODEN SOLICITAR?

Poderase solicitar cando se abra prazo mediante convocatoria pública, da cal se dará publicidade no BOP e no Taboleiro de edictos do Concello, sen prexuízo doutros modos de publicidade que poidan utilizarse para o coñecemento xeral da cidadanía.

A duración do prazo establecerase nas bases da convocatoria e sempre será entre 15 días e dous meses.

As convocatorias non teñen periodicidade establecida, polo que é recomendable estar atentos ás aperturas de prazo.

6º - ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para ter máis información poden consultar a Ordenanza Municipal Reguladora da Concesión de Axudas para a Conservación e Rehabilitación de Vivenda que está dispoñible na web municipal.

Tamén poden facelo a través do servizo de consultas dispoñible na seguinte LIGAZÓN

Novas

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión