28 de decembro de 2018
Audiovisual pensado para público infantil, que se proxectará todos os días ás 17.00 horas
A protagonista do novo programa de planetario da Casa das Ciencias é Celeste, unha nena afeccionada á astronomía que recibe unha visita inesperada para viaxar máis aló do Sistema Solar. Durante o percorrido descobre que, do mesmo xeito que o Sol, hai moitas outras estrelas rodeadas tamén por planetas. Hainos grandes e pequenos, gaseosos e rochosos, secos ou cubertos completamente de auga. E algúns mesmo vagan solitarios polo universo.
Creado con técnicas de animación 3D e proxección de ceo estrelado, Más allá del Sol é unha aposta por levar os últimos descubrimentos da astronomía ao público infantil. A produción aproveita a capacidade dos modernos proxectores dixitais do planetario da Casa das Ciencias para mergullar as persoas espectadoras nunha historia inmersiva que transcorre en paisaxes astronómicas recreadas con minucioso detalle. A proxección dura 25 minutos, e haberá pases a diario ás 17.00 horas.
Cúpula inmersiva
Más allá del Sol é un audiovisual para proxección en cúpula inmersiva de planetario producido por Render Area, baixo a dirección de Javier Bollaín. O proxecto conta coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o Planetario de Pamplona, o Parque das Ciencias de Granada e a Fundación La Caixa.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible