Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e Mulleres Colleiteiras, Sociedade Cooperativa Galega para a contratación dunha persoa encargada da cooperativa a xornada completa, exercicio 2018

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Fecha de publicación:

24 de abril de 2018

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, Mulleres Colleiteiras, Sociedade Cooperativa Galega deberá presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e Mulleres Colleiteiras, Sociedade Cooperativa Galega, coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de contratación dunha persoa encargada da cooperativa a xornada completa, que se desenvolverá durante o exercicio 2018.

Remuneración / Dotación:

25.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e de non existir responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Mulleres Colleiteiras, Sociedade Cooperativa Galega

Documentos:

Convenio Mulleres Colleiteiras en castelán (591 KB)

Convenio Mulleres Colleiteiras en galego (551 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión