Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convento coa entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Concellarías - Mandato 2015-2019:

Área de Igualdade e diversidade

Inscricións:

Dende o 07/02/2018 ata o 14/06/2018

Fecha de publicación:

11 de xullo de 2018

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e Solidariedade Galego co Pobo Saharauí, coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de: Realización dun programa de acollida temporal a nenos e nenas saharauís para convivir en períodos de vacacións con familias coruñesas denominado "Vacacións en paz", que se desenvolverá durante o exercicio 2018.

Remuneración / Dotación:

10.000,00 € con cargo á aplicación 70.231.48050

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Non se lle poderá pagar a subvención á beneficiaria en tanto non se ache ao corrente de cumprir as súas obrigas tributarias co Concello e coa Axencia Tributaria e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de orixe de reintegro.

Entidade:

Convenio coa entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Documentos:

Texto do convenio en castelán (607 KB)

Texto do convenio en galego (565 KB)

Bases reguladoras

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión