Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aprobación definitiva da modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 7 de agosto de 2020, aprobou a modificación difinitiva da relación de postos de traballo do Concello da Coruña e das súas Normas de Xestión aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local do 25/08/2017 (BOP núm. 165, do 31/08/2017)

No Boletín Oficial de Provincia núm. 133 do 19 de agosto de 2020, foi publicada a aprobación difinitiva da modificación da relación de postros de traballo (RPT) e normas de xestión do Concello da Coruña.

Relación Postos Traballo (RPT) e cadro de persoal municipal

Tanto a RPT como o cadro de persoal inclúen todos os postos de traballo existentes nunha Administración, pero mentres o cadro de persoal unicamente recolle a previsión do gasto que ocasionarán, a RPT determina as características esenciais de cada posto de traballo concreto.

A Relación de Postos de Traballo (RPT) é o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal de acordo coas necesidades dos servizos, indicando os requisitos esixidos para o desempeño de cada posto (titulación específica, carnés necesarios, licenzas especiais...), así como a súa denominación, características esenciais dos mesmos (complementos de destino e específicos) e determinación das súas retribucións complementarias. Por tanto a modificación de cada posto de traballo só pode modificarse a través desta e non por unha simple aprobación do Persoal Orgánico.

É o principal instrumento organizativo e de xestión de recursos humanos nas administracións, posto que deseña a súa estrutura interna, ordenando e clasificando ao persoal segundo a realización concreta do traballo para desenvolver. Mediante a RPT racionalízase e ordena a función pública e é un instrumento esencial da política de persoal ao incluír na mesma a dimensión económica ou orzamentaria. Teñen un contido máis amplo que os persoais de persoal.

O Cadro de persoal municipal é o conxunto de prazas creadas pola administración local agrupadas en corpos, escalas, subescalas, clases e categoría no funcionarial. O cadro de persoal materializa a estrutura de persoal. O persoal non contén postos de traballo, senón prazas e titulares das mesmas. Ten un ámbito máis reducido e un marcado carácter orzamentario, pois non determina as características esenciais do posto nin requisitos para a súa ocupación; a súa finalidade é distinta e por iso está exenta da preceptiva negociación sindical.

En definitiva, a súa aprobación implica a súa dotación nos orzamentos, por tanto, publícase cada ano no correspondente Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Documentos relacionados

  • Certificado do acordo da aprobación inicial da modificación puntual da RPT (842 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión