Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Plan de comunicación

Ferramenta clave para dar a coñecer a estratexia

O Plan de comunicación EidusCoruña ten como obxectivo xeral a valorización e difusión da Estratexia EidusCoruña e dos fondos FEDER que o cofinancian.

Este plan pretende ser un manual e unha guía estratéxica que marque as liñas xerais de comunicación do proxecto, sinalando de forma clara e concisa que contar (mensaxe) e como contalo (accións).

Ten dúas vertentes diferenciadas:

  • a vertente interna obedece a un criterio de información operativa, e o seu obxectivo de comunicación é: "Garantir o fluxo constante da información entre as entidades que participan na execución da estratexia creando, habilitando e alimentando as vías de comunicación internas que permiten o intercambio eficaz de información e documentación entre eles".
  • a vertente externa, cuxos obxectivos se engloban nos seguintes aspectos técnicos:
    • Definir a imaxe de EidusCoruña recoñecible e garantir a homoxeneidade na utilización da identidade corporativa.
    • Deseñar unha mensaxe común, clara, directa, simple e atractiva para a comunicación do proxecto, adaptable segundo a canle, público obxectivo e ámbito de actuación.
    • Destacar o concepto de mobilidade e o enfoque de mellorar a calidade de vida da cidadanía e enfocar a sustentabilidade como un valor do proxecto.
    • Incorporar a dimensión da comunicación no día a día do proxecto, entendendo non só as obrigas regulamentarias senón asumindo a comunicación como unha forma de facer o proxecto.
    • Xerar o diálogo e intercambio de opinións entre os públicos obxectivos a través da comunicación en medios en liña e establecer un control e avaliación das accións da comunicación de EidusCoruña

Accede a toda a información no Plan de comunicación da Estratexia EidusCoruña.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión