Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

  • A máscara das drogas 2023-24

    Obradoiro que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables a respecto do consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.

  • A mellor estratexia de xogo 2023-24

    Obradoiro que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A outra veciñanza 2023-24

    Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da Internet 2023-24

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2023-24

    Programa de educación ambiental dirixido a recoñecer e valorar a importancia da auga e o seu consumo responsable.

  • Alimentación e consumo 2023-24

    Ten como obxectivo facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable, concienciando o alumnado de que un consumo responsable terá un impacto positivo na nosa saúde.

  • Anelamento científico de aves 2023-24

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Antenas de información xuvenil 2023-24

    O servizo muncipal de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

  • Arte e cultura no centro 2023-24

    O programa de "Arte e Cultura no Centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

  • As e os menores e o consumo 2023-24

    Ten como obxectivo orientar o alumnado cara a un consumo consciente e responsable relacionado coas súas actividades cotiás.

  • AULAS ACTIVAS de SEGURIDADE VIARIA. Asegura a túa vida na mobilidade 2023-24

    STOP Accidentes xera un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación nova, que necesita desprazarse, tanto en contornas urbanas como interurbanos, de forma autónoma e son usuarios habituais de diferentes medios de transporte. Adaptamos a nosa metodoloxía a cada colectivo e actualizando contidos considerando sempre as diferentes idades e momento evolutivo dos participantes para traballar valores de convivencia na mobilidade.

  • Bolsas EE.UU. 2024-25

    O Concello da Coruña, por medio da Concellaría da Área de Benestar Social da que depende o Servizo de Educación, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas EEUU 2024-2025 - 1.º de bacharelato en EEUU", no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º de ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE UU -equivalente a 1.º de bacharelato- así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2023-24

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e converter ao peón no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

  • Campacoles 2023-24

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña.

  • Cinema na escola 2023-24

    Terceira edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...

  • Compras seguras 2023-24

    Ten como obxectivo dar a coñecer as principais pautas para identificar claramente os produtos que se comercializan no mercado, así como os requisitos xerais de seguridade.

  • Concurso de cartas e debuxo "Agora imos andando ao cole" 2023-24

    Dirixido ao alumnado de 3ª a 6º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns dos alumnos para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.

  • Concurso de Drons 2023-24

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar no concurso.

    Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación de Droneblocks do dron Tello.

  • Consello Local da Infancia da Coruña

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2023-24

    Ten como obxectivo orientar ao alumnado cara a un consumo consciente e responsable, descubrindo alternativas para facelo desde unha perspectiva ecolóxica, ética e comprometida coa contorna.

  • Consumo Responsable das Tecnoloxías 2023-24

    Ten como obxectivo favorecer que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes á hora de consumir tecnoloxía, co fin de facer un uso responsable da mesma.

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2023-24

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións... e a súa incorporación de forma saudable no seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Converxencias arte e ciencia 2023-24

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cóxegas 2023-24

    O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante o mes de setembro.

    Actividades relacionadas

  • Deporte no centro 2023-24

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

resultados 77

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión