Ten como obxectivo ofrecer a información necesaria para que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras e que saiba exercelos de maneira responsable.
O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña, é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Procura mellorar a seguridade viaria dos escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e por tanto, viarias.
Programa de educación ambiental destinado a recoñecer os recursos enerxéticos e fomentar un aforro enerxético eficaz.
Obradoiro que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos
Programa para dar a coñecer o patrimonio da cidade e desenvolver un sentimento de pertenza local entre o alumnado dos centros educativos.
Actividade dirixida aos centros públicos de ensino da cidade
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
A XVII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar na ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Obradoiro para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.
O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
A actividade de lecer "Idiomas no centro", é unha proposta centrada nas linguas estranxeiras, co fin de ofrecer unha vertente máis lúdica do achegamento ás mesmas. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).
O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Felgueiras .
Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024.
Obradoiro que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.
Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de ciclos formativos e educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización de proxectos empresariais, servindo de apoio e complemento ao persoal docente dos centros.
O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.
Obradoiro que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.
Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.
Programa de educación ambiental dirixido a analizar e a concienciar sobre a mobilidade responsable, así como visibilizar a accesibilidade.
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta para escolares dos centros educativos públicos da cidade o programa de Natación Escolar co fin de posibilitar que os escolares da cidade gocen dunha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.
Programa de educación ambiental dirixido á sensibilización e comprensión do aire.
Obradoiro que ten por obxecto fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.
Este taller abordará diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e da diversidade, axustándose ao nivel educativo do alumnado e empregando ferramentas didácticas atractivas e de natureza lúdica que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario.
Este obradoiro abordará diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e da diversidade, axustándose ao nivel educativo do alumnado e empregando ferramentas didácticas atractivas e de natureza lúdica que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario.
Este taller aborda diferentes contidos relacionados coa igualdade e co respecto da diversidade, aproveitando o valor simbólico do xogo, a narración e a ilustración de historias e reforzando nos e nas menores, de maneira transversal, capacidades como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais.
resultados 77
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible