Concello da Coruña

Concello da Coruña

Provedores do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento

Requisitos do sistema de calidade e medio ambiente implantado no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Seguindo os requisitos do sistema de calidade e medio ambiente baseado nas normas ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015 que temos implantado, todos os nosos provedores foron dados de alta como provedores do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento; por esta razón son sometidos a un control e seguimento periódico consistente na identificación e valoración de posibles incidencias relacionadas co produto, ou o servizo, que nos subministra.

Ante calquera incidencia que se detecte, o provedor será informado para acordar as posibles solucións, ou acordos, co fin de resolvela.

O noso compromiso ambiental:

Como consecuencia do noso compromiso co medio ambiente, contamos desde o ano 2009 cun certificado de xestión ambiental ISO 14001 emitido por AENOR.

Co esforzo de todas as persoas que formamos parte do SEIS conseguimos durante o ano pasado os seguintes datos en canto á redución de consumos de recursos:

  • Redución en consumo de papel: 11.5%
  • Redución no consumo de electricidade nas instalacións: 10%
  • Redución en consumo de electricidade en iluminación: 0.3%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión