Concurso Imaxina Coruña 2021-22
A Coruña das ciencias
O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.
O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre os alumnos e alumnas de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Os centros educativos con sede na cidade da Coruña que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos.
Os grupos poderán contar entre 2 e 4 participantes, que só se poderán inscribir nun grupo. Todos os grupos deberán ser mixtos para fomentar os principios de igualdade na ciencia que defende este concurso. Non se admitirá máis dun proxecto por grupo.
Un profesor ou profesora das materias relacionadas liderará o grupo ou grupos participantes e responsabilizarase do alumnado que os integra. O persoal docente designado por cada centro servirá de ligazón co persoal municipal responsable do programa.
Poderán participar un máximo de 40 grupos. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que se se superasen as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
Dende o 20/09/2021 ata o 30/04/2022
Xa rematou
Dende o 20/09/2021 ata o 12/11/2021
Inscrición centros
Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro) e Ficha de solicitude específica (a cubrir polo centro)
Concurso Imaxina Coruña 2022-23
A Coruña das ciencias
O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a II edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2022-2023.
O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.
A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen a ser finalistas.
Os centros educativos con sede na cidade da Coruña e área metropolitana que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos.
Os grupos poderán contar entre 2 e 4 participantes, que só se poderán inscribirse nun grupo. Todos os grupos deberán ser mixtos para fomentar os principio de igualdade na ciencia que defende este concurso. Non se admitirá máis dun proxecto por grupo.
Un profesor ou profesora das materias relacionadas liderará o grupo ou grupos participantes e responsabilizarase do alumnado que os integra. O persoal docente designado por cada centro servirá de ligazón co persoal municipal responsable do programa.
Poderán participar un máximo de 40 grupos. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que se se superan as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
Inscrición centros
Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro) e Ficha de solicitude específica (a cubrir polo centro)
DISMEDIA DESENVOLVEMENTOS TIC, S.L.
981 100 546
Proxecto Xperimenta
A Coruña das ciencias
Proxecto experimental guiado sobre a disección de flores.
Alumnado de 3º e 6º de EP de colexios do Concello da Coruña.
Dende o 16/03/2021 ata o 21/06/2021
Xa rematou
Dende o 03/03/2021 ata o 21/06/2021
Para participar é necesario realizar unha solicitude enchendo ou formulario de reserva que se atopa na seguinte dirección /mc2/gl/visitas-escolares .
A solicitude estará aberta mentres existan prazas libres.
As persoas de contacto na Domus son Mónica Cambón ou Marta García
Teléfono: 981 18 98 40
Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2020-2021
A Coruña das ciencias
A oferta de actividades e visitas aos Museos Científicos para este curso adaptarase en todo momento ás circunstancias sanitarias.
Alumnado de todos os niveis educativos
Inscrición centros
Como reservar e fichas de solicitude de reserva aquí
Máis información: en 981 189 848 e reservas@casaciencias.org
A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.
Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2022-23
A Coruña das ciencias
Visita a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae
Alumnado de todos os niveis educativos
Dende o 17/10/2022 ata o 16/06/2023
Xa rematou
Inscrición dos centros
Mediante unha ficha de solicitude de reserva, que se pode descargar en: /mc2/gl/visitas-escolares.
Os centros escolares que desexen visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, que desexen asistir a unha sesión de Planetario ou de cinema na Domus, ou a unha das actividades e tallleres que se ofertan para grupos os escolares, deberán cubrir e enviar unha solicitude de reserva por correo electrónico ou fax.
Pode consultarse a información actualizada e descargar o modelo de solicitude en www.coruna.gal/mc2/es/visitas-escolares.
Reserva de visitas escolares
Correo electrónico: reservas@casaciencias.org
Tel. reservas: 981 189 848
Fax:
Casa das Ciencias: 981 189 847
Domus: 981 189 841
Aquarium Finisterrae: 981 189 843
Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarida, s/n (15005)
Teléfono: 981 189 844
Domus
R/ Ángel Rebollo, 91 (15002)
Teléfono: 981 189 840
Aquarium Finisterrae
Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 (15002)
Teléfono: 981 189 842.
Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2023-24
A Coruña das ciencias
Visita á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae
Alumnado de todos os niveis educativos
Dende o 11/09/2023 ata o 30/06/2024
Inscrición para os centros
Mediante o formulario de solicitude de reserva, que se pode descargar en: /mc2/gl/visitas-escolares
Os centros escolares que desexen visitar as salas de exposición da Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, asistir a unha sesión do Planetario ou de cinema na Domus, ou a unha das actividades e obradoiros que se ofertan para grupos escolares deberán cubrir e enviar unha solicitude de reserva por correo electrónico.
Reserva de visitas escolares
Correo electrónico: reservas@casaciencias.org
Tel. de reservas: 981 189 848
Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarida, s/n (15005)
Teléfono: 981 189 844
Domus
R/ Ángel Rebollo, 91 (15002)
Teléfono: 981 189 840
Aquarium Finisterrae
Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 (15002)
Teléfono: 981 189 842.