Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Mesa redonda: Cómic galego sen fronteiras

Oportunidade única de departir con tres dos máis prestixiosos e internacionalmente premiados autores coruñeses da actual xeración profesional.

Cando:

01/08/2014

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Moderados por Henrique Torreiro, tres grandes autores locais debaten sobre o mercado internacional do cómic dende a súa experiencia nos mercados de EE.UU. e Europa.

Emma Ríos

Emma Ríos viviu en Ourense, onde dende moi pequena empezou a ler cómics, como La Patrulla X de Chris Claremont, Nuevos Mutantes de Sienkiewicz   e sobre todo Akira de Katsuhiro Otomo, que foi a que decantou a súa vocación. Descartou, con todo, o uso de grises, tramas e augadas propios do manga nos seus primeiros fanzines de fotocopias, ao valorar máis o acabado de tinta de autores como John Buscema, Harvey Kurtzman ou Jack Kirby.

Na Universidade da Coruña licenciouse en Arquitectura, que lle proporcionaría un gran coñecemento do espazo, evidente nas súas perspectivas e cambios do punto de vista. Compaxinaba tales estudos cos seus primeiros escarceos no mundo do cómic, onde debutara en 1988 con varias colaboracións en fanzines locais como El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella ou Comikaze.

Sen deixar o seu traballo como arquitecta, Enma Ríos uniuse ao colectivo de debuxantes Polaqia, a través do cal continuou a súa serie A prueba de balas (2003) e na que Pablo Pérez colaborou cos guións. No 2005 tamén realizou ilustracións para unha campaña de publicidade de Ron Cacique.

Foi convidada ao salón de Andenne no 2005 e 2006 e ao de Angulema no 2006 polo posto do fanzine L'inédit.

Tras varias historietas curtas para publicacións de difusión nacional como Dos veces breve (2006) e Los Reyes Elfos: Historia de Faerie 2 foi galardoada co premio a Autor Revelación en Expocómic 2008. Ese mesmo ano, colaborou no proxecto de restauración do viaduto de San Pedro de Mezonzo (A Coruña), pintando a María Pita nunha das súas columnas. Tamén obtivo a bolsa Lingua Comica da Fundación Asef, que lle permitiu terminar un cómic no Xapón.

Despois de que Warren Ellis fixese unha recensión dela na súa páxina web, recibiu unha oferta de Matt Gagnon, editor de Boom! Studios, para realizar unha miniserie de 4 números. Deixou entón o estudo de arquitectura en que traballaba para afanarse no cómic, e produciu Hexed (2008) con Michael Alan Nelson ao guión e Cris Peter á cor. Para entón, xa era unha das estrelas do salón do cómic Viñetas desde o Atlántico.

Nas Xornadas de Avilés coñeceu a CB Cebulski quen a puxo en contacto con Nick Lowe, editor de Marvel Cómics, ofrecéndolle este realizar un fill-in para Runaways, ao que seguiría unha miniserie do Doctor Extraño, escrita por Mark Waid. Tamén realizou, con guion de Ricardo Gómez, unha adaptación de Amadís de Gaula para o Grupo SM.

 

José Domingo

Tras superar unha angustiosa etapa inicial de aparente incompetencia psicomotriz,un día adquire a suficiente forza prensil para soster un lapis e iso fixa para el un aciago destino como debuxante, afastándoo de actividades máis edificantes e lucrativas como futbolista ou inspector de Facenda.

Dende entón, (oh, maldito polgar opoñible!) a súa fixación polo debuxo levouno a traballar como deseñador de personaxes e debuxante de storyboard para animación, a publicar no 2008 o álbum de cómic Cuimhne xunto con Kike Benlloch, colaborar con diversas revistas de cómic, formar parte do colectivo Polaqia, participar en diversas exposicións e, ultimamente, fundar un estudo con outros autores na Coruña, onde se dedica a tempo completo á ilustración e ao cómic.

A súa obra Aventuras de un oficinista xaponés, foi traducida a varios idiomas e recibiu o premio á mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona. Foi recentemente nomeado tamén con esta obra aos Premios Eisner 2014, en EE.UU., os máis prestixiosos do cómic internacional.

Actualmente, nun ataque de temeridade sen precedentes, encóntrase enfrascado en dous proxectos de cómic de próxima saída.

 

David Rubín

Tras estudar deseño gráfico, traballou nos estudos de animación Limaía e Dygra, codirixindo para este último a longametraxe El espíritu del bosque (2008). Ao mesmo tempo, fundara o colectivo historietístico Polaqia no 2001 e colaborara con Golfiño, suplemento xuvenil de La Voz de Galicia e multitude de revistas, como BD Banda (dende 2001), Barsowia (dende 2003), Tos, Huevo, El fanzine enfermo ou Dos veces breve.

No 2005 publica con Astiberri o seu primeiro traballo de longa duración, El circo del desaliento, unha recompilación dalgúns dos seus traballos en distintas revistas e fanzines como Undecimo Xou, Tos, Barsowia, Fanzine enfermo e O Fanzine Das Xornadas, ademais dunha introdución e un epílogo para o álbum e 3 historias inéditas, entre elas a gañadora do 1º premio Castelao de cómic concedido pola Deputación da Coruña, Donde nadie puede llegar. Nunha das historias curtas conta co texto de María Lado (La balada estúpida del niño gaviota). El circo del desaliento valeulle o nomeamento á categoría Autor revelación no Salón do cómic de Barcelona 2006 ademais da publicación da historia Onde ningúen pode chegar en galego, francés e italiano.

Xa no 2006, e de novo con Astiberri, publica La tetería del oso malayo, outro recompilatorio de historias curtas, a maioría publicadas na revista Dos veces breve, pero coa diferenza respecto ao anterior traballo en que as historietas foron redebuxadas para lle dar máis unidade ao álbum se non son inéditas. Este novo traballo valeulle todos os nomeamentos posibles no Salón do cómic de Barcelona (Autor Revelación, Mellor Obra, Mellor Guion e Mellor Debuxo), ademais do nomeamento ao 1º Premio Nacional de cómic. Destes nomeamentos, só gañou a de Autor Revelación, xa que Max gañou o resto de categorías así como o Premio Nacional con Bardín el Superrealista. Do mesmo xeito que con El circo del desaliento, La tetería del oso malayo foi publicada noutros países (Italia e Checoslovaquia).

No 2008, e esta vez da man de Planeta-DeAgostini, publica Cuaderno de Tormentas, crónica de los deambulares por Ciudad Espanto, un traballo dacabalo entre o cómic e o libro ilustrado (non confundir co libro infantil), de carácter escuro escrito, debuxado, coloreado e deseñado polo propio Rubín que narra as aventuras dun autor de cómics que, ao quedar sen inspiración, recibe a invitación do diaño das historietas para viaxar a Ciudad Espanto e alí atopar inspiración. Esta obra, valeulle ser nomeado a Mellor Debuxo no salón do cómic de Barcelona.

Ademais destes traballos, no 2008 e 2009 David publicou as adaptacións de Romeo & Julieta de William Shakespeare e El monte de las ánimas de Gustavo Adolfo Bécquer, a primeira con guión de Ricardo Gómez así como, no 2010, o cómic en galego Uxío Novoneyra: A voz herdada, en homenaxe ao escritor, con guión de Kike Benlloch e unicamente distribuído pola Xunta de Galicia de maneira gratuíta. Ese mesmo ano, ademais, realiza as ilustracións para unha edición por parte de Astiberri dos relatos de Solomon Kane, o personaxe de Robert E. Howard.

No 2011, tras varios anos de traballo e unha vez finalizado o seu contrato coa produtora de animación Digra Films, Rubín lanza coa editorial Astiberri o primeiro dos dous libros de El héroe, unha novela gráfica en dous volumes, onde actualiza o relato clásico dos doce traballos de Heracles. O traballo recibe en xeral críticas positivas que levan a que a obra sexa publicada en Italia, e en Francia, da man de Rackham.

Xa no 2012, sae o segundo e último libro de El héroe, seguido dunha forte campaña publicitaria por parte do autor e a editorial e dunha xira de presentación por varias cidades de España.

No 2013, e xunto con Santiago García no guión, publica, de novo con Astiberri, Beowulf, unha versión do poema nórdico de mesmo nome. Segundo os seus autores foi presentado como "un western de viquingos", afirmando que pretendían fuxir dos tópicos sobre as obras deste tipo. A saída coincidiu co Salón do Cómic de Gexto, onde ademais se lle realizou unha exposición cos orixinais da obra.

A principios do 2014, e con Ninth Ediciones, Rubín publica Las tripas de El Héroe, edición integral del arte a lápiz (libro un). Trátase dun sketchbook, aínda que non ao uso, que contén todas as páxinas a lapis do primeiro libro de El Héroe con textos escritos á man polo autor.

Actualmente, Rubín está traballando en Battling Boy: The rise of Aurora West, un spin off sobre o personaxe de Aurora West creado por Paul Pope.

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?