Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Tránsito - Chema Alvargonzález

Chema Alvargonzález, formado artisticamente en Barcelona e Berlín, pertence á xeración de artistas que tiña como utopía ser un transeúnte da sociedade do coñecemento.

Cando:

Dende o 13/11/2014 ata o 11/01/2015

Este evento xa rematou

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña

A súa obra fundaméntase na investigación de conceptos como o traxecto, o desprazamento e o movemento. Estas e outras constantes no seu traballo, como a viaxe, o azar e a importancia do texto, poderanse contemplar na selección de obras que se mostrarán en Palexco do 13 de novembro do 2014, ao 11 de xaneiro do 2015.

Chema interpretou a vida do home como unha viaxe, como un percorrido e elemento de transición, que evocou a través de autoestradas, maletas, nubes, aeroportos, espazos interiores e exteriores... A viaxe está directamente vinculada coa transformación humana, o nomadismo de ideas e a reconstrución das fronteiras na filosofía. Por iso a súa obra alude a unha viaxe do espírito, aquela que o home realiza cara ao interior de si mesmo como vía de coñecemento e como fonte de experimentación. Tamén toma relevancia neste punto a arquitectura como un fenómeno estreitamente relacionado co home e como un espello do estado colectivo do ser humano.

Na investigación do artista adquire especial relevancia o texto, co que constrúe a súa propia linguaxe a través dunha serie de conexións e referencia externas. É o caso de autores como o crítico e poeta Stéphane Mallarmé, e as súas formulacións sobre a estrutura da linguaxe, ou John Cage e o poder do son das palabras, ou Warhol e o concepto de repetición.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?