Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Poetas di(n) versos: Ana Luísa Amaral e Marta Dacosta

Cando:

09/02/2015, de 20:30 a 22:00

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Documentos:

Programa (1 MB)

Esta cita do ciclo será feminina: daranse a man dúas poéticas intimistas, profundamente honestas e marcadas por un trazo de xénero. Serán a da viguesa Marta Dacosta e da portuguesa Ana Luísa Amaral

ANA LUÍSA AMARAL

Lisboeta de nacemento, trasladouse sendo nena á contorna de Porto de maneira definitiva. Na súa Universidade formouse –cunha tese de doutoramento sobre Emily Dickinson– e na mesma continúa investigando e dando clases.

Entre a súa intensa actividade investigadora, merece subliñar a publicación –con Ana G. Macedo– do Dicionário de Crítica Feminista (2005), a coordinación da edición anotada de Novas Cartas Portuguesas (2010) e, actualmente, a das Novas Cartas Portuguesas 40 anos depois, integrando trece equipos internacionais en máis de dez países. Isto ademais da edición de douscentos poemas de Emily Dickinson e de dous libros de ensaios que ten en preparación.

É autora de máis de dúas decenas de libros, tanto de prosa como de teatro, literatura infantil e poesía. Dentro dos últimos, ao inicial Minha Senhora de Quê (1990) seguíronlle, entre outros, Coisas de Partir (1993), Às Vezes o Paraíso (1998), Imagens (2000), Imagias (2002), A Génese do Amor (2005), Entre dois rios e outras noites (2007), Inversos, Poesia 1990-2010 (2010), Vozes (2011) ou o máis recente, Escuro (2014), á espera de que saia proximamente O som que os versos fazem ao abrir.

A parte de traducir ela mesma a autores de expresión inglesa como Emily Dickinson ou John Updike, os seus propios libros están traducidos e editados en varios países. No Reino Unido espérase tamén un volume de ensaios sobre a súa obra e outra antoloxía poética. Ademais, versos seus ou textos infantís deron lugar a espectáculos teatrais ou lecturas dramatizadas. Obtivo diversos premios entre os que sobresaen o Correntes d'Escritas, o Premio di Poesia Giuseppe Acerbi, o Premio PEN de Narrativa ou o Grande Prémio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores.

MARTA DACOSTA

A viguesa trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela para licenciarse en Filoloxía galego-portuguesa. Corría a década dos 90 e comezaba tamén a súa andaina nas letras: Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa e Setembro publicábanse en 1994, 1996 e 1998 respectivamente, facendo que a crítica tenda a encadrala na "Xeración dos 90".

Á súa obra literaria –fundamentalmente poética– engadiu outros tres títulos na década seguinte: En atalaia alerta (2000), As Amantes de Hamlet (2003) e Cinza (2009), e outros tantos no que levamos desta: Acuática alma (2011), Argola (2013) e Dun lago escuro (2014). Os ditos títulos valéronlle galardóns como o Miguel González Garcés da Deputación da Coruña en 1995, o Martín Códax en 1998, o Figurante no 2013 e o Johán Carballeira 2013, entre outros.

Ademais diso, a súa obra forma parte de varias publicacións colectivas impulsadas por diversas causas (por Palestina, en denuncia do Prestige ou contra a violencia de xénero) e tamén aparece representada nun bo número de antoloxías que viron a luz en Galicia, en Cataluña, en Rusia ou en Venezuela, tanto como en plataformas dixitais españolas ou mesmo americanas. En relación con iso, poemas da súa autoría foron vertidos ao castelán, catalán, ruso e inglés. Da mesma maneira, Marta Dacosta ofreceu mostras do seu traballo poético en encontros literarios realizados en Brasil, Cuba ou Irlanda.

Traballando como docente de ensino medio no sur de Galicia, onde reside dende hai anos, tamén colabora como articulista con diversos medios de comunicación escrito, e publica estudos sobre a obra de diferentes poetas galegos. doutra banda, a súa actividade investigadora centrouse na sintaxe do galego medieval e, máis recentemente, no papel da muller escritora, na súa propia xeración ou na significación do mar na poesía galega.

 

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas das autores nos exemplares dos seus libros.

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?