Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de febreiro de 2016

O dispositivo especial de tráfico pola celebración da Copa do Rei incluirá un servizo lanzadeira desde o centro da cidade e tres liñas especiais á saída dos partidos

As liñas de autobús urbano con paradas preto do Coliseum reproducirán no seu panel frontal unha mensaxe para sinalar a súa vinculación co recinto

O Concello da Coruña porá en marcha un dispositivo de especial de tráfico para promover o uso do transporte público durante a celebración da Copa do Rei de baloncesto, que se celebrará do xoves 18 até o domingo 21 no Coliseum. As liñas de autobús urbano incrementarán o seu servizo coa creación dunha lanzadeira desde a Praza de Pontevedra na fin de semana, cunha frecuencia de 15 minutos, e un dispositivo especial ao finalizar os partidos con tres itinerarios distintos que chegarán desde o recinto até Cidade Escolar, Catro Camiños e Praza de España. A saída deste servizo, que se establecerá nun lateral de ExpoCoruña, producirase baixo demanda até finalizar o transporte da veciñanza.

O servizo especial Coliseum - Catro Camiños realizará até 21 paradas antes de chegar ao seu destino, e estarán situadas no Birloque, San Cristóbal, Camilo José Cela, Monelos, Vicente Aleixandre, Castrillón, Os Castros e General Sanjurjo. O itinerario Coliseum - Praza de España percorrerá a cidade desde o Birloque até o centro da cidade e contará con paradas en Salgado Torres, Catro Camiños, Palloza, Primo de Rivera, Linares Rivas, Praza de Ourense, Obelisco, Rúa Nova, Rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital e Praza de España.  Finalmente, a última liña especial, que chegará até Cidade Escolar, percorrerá o outro extremo da Coruña a través do Birloque, San Pablo, General Rubín, Estación de Ferrocarril e Ronda de Outeiro.

Ademais da posta en marcha destas liñas especiais, o Concello impulsará un servizo de lanzadeira para todas aquelas persoas que queiran desprazarse até o Coliseum en transporte público durante a fin de semana. Este servizo partirá de Praza de Pontevedra as tardes do sábado 20 e domingo 21 desde as 17.00 horas. Contará cunha frecuencia de 15 minutos e no seu percorrido realizará paradas en tres puntos da rúa Juan Flórez, Alfonso Molina e Pajaritas até chegar ao recinto. O servizo lanzadeira estará dispoñible até ás 21.15 do día 20 e até ás 19.00 horas do día 21.

O dispositivo tamén introducirá novidades nas liñas habituais que contan cunha parada próxima ao recinto (5, 20, 21, 22, 23 23A, 24 e UDC). Os autobuses incorporarán no seu panel frontal luminoso unha mensaxe indicando que o seu percorrido tamén é válido para chegar até o Coliseum. As liñas manterán as súas frecuencias habituais tanto nos días laborais como na fin de semana, que se verán complementadas co servizo lanzadeira.
 

O Coliseum prepárase para a Copa do Rei

Estes días finaliza a aclimatación do Coliseum para a celebración da Copa do Rei 2016 coa instalación e adaptación da pista e novas gradas para acoller ás preto de 10.000 persoas que acudirán á fase final do torneo de baloncesto. Os abonos esgotáronse nos primeiros días, e todas aquelas persoas que queiran ver os partidos de xeito gratuíto poderán facelo en ExpoCoruña. O recinto, que acollerá numerosas actividades esta semana e no que estará instalado a Casa do Baloncesto Galego, promovida polo Concello da Coruña, contará cunha pantalla de 56 metros cadrados para seguir ao vivo o desenvolvemento da Copa.

Documentos:

Itinerarios e horarios do servizo especial (920 KB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?